Novas EDLG |
O martes 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do IV Certame OUFF Escola, no marco do XVII Festival Internacional de Cine de Ourense. Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela. Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela no que participou toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á gravación do lipdub EU FALAREI. Foron recoller o premio a Ourense 53 persoas, alumnado e profesorado do IES Chapela, que dedicaron o premio a toda a veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto orgullosa EU FALAREI”. Eu Falarei nos medios. Nova no Faro de Vigo.
|
|||
En galego faise Ciencia! Actividades no IES III Día da Ciencia en galego e da Semana da Ciencia. 1. Exposición participativa "Do Big Bang ao LHC", con sorteo de premios entre os e as participantes. 2. Conferencia "Pescudando nas orixes da materia". Por Cibrán Santamarina 3. Leonardo da Vinci Cociñeiro. Verdade ou mentira?
|
|||
Exposición "Do Big Bang ao LHC". Grazas a todas e todos. XA PODEMOS VER A EXPOSICIÓN EN GALEGO! Luns no 2º Recreo, sorteo de premios entre o alumnado participante nas traducións.
|
|||
|
|||
|
|||
Desde o grupo organizador do lipdub pedimos a vosa colaboración para participar na escena final da gravación cantando o retrouso que podedes aprender aquí ou no blog do EDLG. A escena gravarémola no aparcamento (sen coches) o martes 5 de xuño de 2012 a partir das 17:40h, igual que o resto do lipdub. Nela estarán todas as persoas que participan dentro do instituto e temos convidados a todos os membros da comunidade educativa do IES e dos Colexios da parroquia.Traede a camiseta do maratón! Veña, hai que ir quentando esas gorxas!
|
|||
Podes ver todos os vídeos no blog do EDLG Fotos en PDF Rapgueifa no xornal
|
|||||||||||
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela reuniuse o pasado 24 de abril de 2012 para aprobar un contundente manifesto de repulsa e indignación ante unha discriminación lingüística intolerable que tivo lugar no Concello de Redondela no marco dunhas probas de selección para as bolsas de Turismo do Concello. O Manifesto, asinado por todos os membros do EDLG, foi enviado á prensa e ao Concello de Redondela.
|
|||
Rematou o casting para o lipdub de EU FALAREI e o xurado seleccionou aos 26 cantantes.......pica para seguir lendo
|
|||
O pasado venres 13 de abril a Banda do Patio volveu demostrarnos que o galego é apto para o rock actuando nos dous recreos ante un público que se animou a cantar con eles en varias ocasións o tema Sas Sorrejaso dos Heredeiros da Crus.
|
||||||||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »