Despois de duros combates de aplausos durante os recreos dos venres, xa temos tema gañados dos VENRES CON MÚSICA: o videoclip Muinheira de interior de Boyanka Kostova.
Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración cos departamentos didácticos de ciencias preparou unha programación de actividades para conmemorar o MES DA CIENCIA EN GALEGO co obxectivo de visibilizar que a nosa lingua é perfectamente válida para o traballo científico. Adaptándonos á situación excepcional na que nos atopamos, as conferencias realízanse de forma virtual e o alumnado asiste a elas desde o seu posto na aula. En canto á habitual Feira Científica, reformúlase en nove vídeos gravados polo alumnado aos que podes acceder na canle de youtube do EDLG de Chapela ou directamente premendo sobre cada un deles.
O EDLG do IES de CHAPELA en colaboración cos Plans Proxecta Acompáñote no camiño e Mirando polo camiño, convoca un concurso de foto-reportaxe para fomentar o coñecemento do patrimonio histórico e natural de Chapela, desenvolvendo a creatividade a través da fotografía.
Temática:Elementos singulares do patrimonio natural e histórico do Camiño de Santiago e a súa contorna no tramo de Chapela.
O certame está dirixido a toda a comunidade educativa do IES de CHAPELA, alumnado actual ou antigas alumnas e alumnos, profesorado, persoal non docente, pais e nais.
Anímate e participa, o prazo remata o 20 de marzo!!!