Escoitar, Aprender e Compartir

Benvida

 
EnderezoCamiño do Penisal, 29 - 36320 Chapela (Redondela)
Tfno.: 886 110 610  //  Fax: 886 110 623
e-mail: ies.chapela@edu.xunta.gal
Código de Centro: 36019566
Benvida do director               GUÍAS

José Manuel Ares

 

Golpéanos a tráxica nova do falecemento do noso compañeiro e profesor de latín, José Manuel Ares González, e non sabemos nin como sentirnos. Lembramos a Manolo encabezando este ano a comparsa da rapazada de 4º ESO B no Entroido, cun baile frenético onde era primus inter pares. Recordamos o seu verbo fácil e acendido salpicado de latinismos, como non podía ser doutra maneira. E como esquecer as súas conversas nas que sempre se colaba unha escapada á praia para entrar en contacto co líquido elemento, porque ao final como dixo a escritora Isak Dinesen, todo se cura coa auga salgada: co suor, coas bágoas ou co mar. Así quedas na nosa memoria, Manolo. Sit tibi terra levis.

 

 

 


Chapela, 12 de xuño de 2021 

A comunidade educativa do IES Chapela

 

Curso 20-21

Dígocho eu no IES de Chapela

 l

Laura Villaverde e Sara vilas, as grandes gañadoras do concurso "Dígocho eu" do IES de Chapela

Con mozas así o noso idioma ten futuro. Moitos parabéns!

 

Fondo de Libros de Texto e Axudas Material Escolar

A partir do curso 2021/22 o IES de Chapela estará incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 50 €) cando reúnan os requisitos establecidos na Orde do 6 de maio de 2021.

 

Información resumida da Orde do 6 de maio de 2021 - IES de Chapela

 

Orde do 6 de maio de 2021 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Enlace con máis información á paxina da consellería

Enlace á aplicación para descargar os formularios Anexo I  Anexo II

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

 

Consellos de vida

A experiencia das persoas maiores, grazas polos vosos consellos de vida

Manifestación IES de Chapela - 4 de xuño de 2021

MANIFESTACIÓN - Venres 4 de xuño - 20:00

TANXUGUEIRAS GAÑADORA DO CONCURSO MUSICAL

As TANXUGUEIRAS, co seu tema MIDAS, foron as gañadoras da nova edición do noso concurso musical, no que participou durante 7 xornadas o alumnado da mañá e da tarde, decidindo cos seus aplausos o mellor tema do ano:

TANXUGUEIRAS AGRADECE AO IES DE CHAPELA SER O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO MUSICAL

 

 

CUARTOS DE FINAL SEMIFINAIS FINAL GAÑADORA
Tanxugueiras
Midas
Tanxugueiras
Midas
  Tanxugueiras
  Midas
Tanxugueiras
Midas
Rhome
Reina
Ezetaerre
A insurxencia por vir
Ezetaerre 
A insurxencia por vir
Nao
Mafia
Natasia Zürcher e outros
O maio
Natasia Zürcher e outros
O maio
  Rebeliom do Inframundo
  No choio fálase dun ERE
Relámpago
Ti podes ser um heroe
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase dun ERE
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase...
As Efémeras
Sofre o mar

Exames Convocatoria Extraordinaria 2º Bacharelato

Distribuir contido