Escoitar, Aprender e Compartir

2 de abril - Día mundial de concienciación sobre o autismo

Desde o IES de Chapela queremos recordar neste 2 de abril, Día mundial de concienciación sobre o autismo, o noso compromiso por mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista e por avanzar cara á construción dunha sociedade inclusiva.

Aproveitamos tamén esta data para compartir convosco un recurso que coidamos que pode ser do voso interese, a nova web de Aspanaes: www.aspanaes.org

CHEGADA DO ALUMNADO FRANCÉS DE INTERCAMBIO DO PROGRAMA EDUMOB

O domingo 31 de marzo chegou a Santiago o alumnado francés do programa de intercambio EDUMOB. Ao noso centro chegarán Célestine e Kylian que se incorporarán ao grupo de 1º de Bacharelato acompañados polos seus anfitrións Gabriela e Andrés de 1º de Bacharelato, que xa pasaron a súa estancia en Francia. Esperamos que teñan unha fantástica experiencia en Chapela e unha moi boa acollida entre os seus compañeiros, compañeiras e toda a comunciade educativa, que os espera cos brazos abertos.

Benvido e benvida!!

 

 

Convocados os premios extraordinarios de FP de grao superior

VIAXE Á NEVE IES CHAPELA 2023 - 24

O ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO DISFRUTARON DA APRENDIZAXE DOS DEPORTES DE NEVE NA ESTACIÓN DE GRANDVALIRA (ANDORRA). TODOS E TODAS VOLVERON SANS E SALVOS, MOI CANSOS PERO COAS MALETAS CHEAS DE AVENTURAS E BOS RATOS. ESPERAMOS QUE FOSE UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!!

VOLVEREMOS!!

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS 

 

 

Avaliacións de diagnóstico

Achegamos un documento informativo elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre as avaliacións de diagnóstico que está previsto que se realicen os próximos días 10 e 11 de abril co alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de ESO. Pincha aquí para acceder ao documento.

Benvida, primavera!

Benvida, primavera!!! O alumnado de 1º de APSD decorou o taboleiro de Meteoescolas con este mural tan primaveral.

Xogos Populares 2024

Hoxe, venres 22 de marzo, puidemos gozar dunha nova edición dos Xogos Populares. Nesta actividade, que se desenvolve nas instalacións do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda e do noso centro, participan conxuntamente alumnado de 6º de Primaria dos colexios adscritos (CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, CEIP Plurilingüe Igrexa e CEIP de Laredo) e alumnado de 2º da ESO do IES de Chapela. A través dunha divertida xornada de xogos colectivos coordinados polo noso alumnado de 1º curso do ciclo superior de Educación Infantil, buscamos crear vínculos entre o presente e o futuro alumnado do IES, así como achegar a rapazada á parte máis lúdica da cultura tradicional galega. Unha xornada para recordar... bañada polo espléndido sol que luciu toda a mañá!

Pica na foto para acceder á galería.

 

 

Canguro Matemático

O 21 de marzo tivo lugar no IES de Chapela a fase de centro do Canguro Matemático, concurso de resolución de problemas no que participan simultaneamente miles de estudantes da ESO de todo o Estado Español promovido pola FESMP. 75 minutos intensos de razoamentos matemáticos para exercitar a mente do noso alumnado.

Vestimenta e meteoroloxía

                
                 

O alumnado de 2º de Educación Infantil, dentro do programa Meteoescolas deste curso, realizou un traballo para relacionar a vestimenta infantil coa meteoroloxía. Rematouno con esta exposición que se pode ver no 1º andar do centro. Agradecemos a súa implicación.

Campaña de doazón de sangue o xoves 14 de marzo pola mañá

Distribuir contido