Avisos, convocatorias

Fin de curso FP - 2021

23 de xuño: Avaliación Final. Publicación das cualificacións no abalarMobil ao longo do día. 15:00 - Ordinario / 22:00 Modular

24 e 25 de xuño: Presentación de reclamacións ata as 14:00.

28 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00 - Ordinario / ás 18:00 - Modular.

28, 29, 30 de xuño, 1 e 2 de xullo: Período de matrícula 2º FP Ordinario / FCT modular.

Fin de Curso ESO e BACH - 2021

22 de xuño: Último día lectivo. As clases rematarán ás 12:10. Ás 12:30 o transporte escolar recollerá o alumnado.

23 de xuño: Avaliación Final Ordinaria. Publicación das cualificacións no abalarMobil ao longo do día.

24 e 25 de xuño: Presentación de reclamacións ata as 14:00.

25 de xuño: Alumnado ESO. Entre as 10:00 e as 13:00 as persoas titoras entregarán ás familias do alumnado de ESO que superou todas as materias, o boletín de notas, a avaliación de competencias e o consello orientador. De non superar algunha materia, non é obrigada a asistencia da familia pudendo o propio alumnado recoller o seu boletín de notas.

28 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00.

28, 29, 30 de xuño, 1 e 2 de xullo: Período de matrícula.

Exames Convocatoria Extraordinaria 2º Bacharelato - 2021

Calendario 2º Bacharelato - FIn de curso 2021

12, 13 e 14 de maio: Exames finais. Durante estes días non haberá clase. O alumnado asistirá aos exames que precise realizar.

18 de maio: Avaliación Final Ordinaria ás 18:30, na Sala de profesorado. Publicación das notas no Abalar ás 20:00 h.

19-20 de maio: Presentación de reclamacións ata as 14:00 h.

19 de maio: Reunión informativa sobre a ABAU co alumnado.

21 de maio: Resolución de reclamacións ás 10:00 h.

24 de maio: Reincorporación ás clases.

4 de xuño: Último día lectivo.

8, 9 e 10 de xuño: Realización da proba de ABAU ordinaria.

16, 17, 18 de xuño: Exames da convocatoria extraordinaria. (Proporcionarase calendario no seu momento.)

23 de xuño: Avaliación Final Extraordinaria ás 9:00 h. Publicación das cualificacións no Abalar ás 10:00.

24 e 25 de xuño: Presentación de reclamacións ata as 14:00.

28 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00.

13, 14 e 15 de xullo: Realización da proba de ABAU extraordinaria.

Cambio no calendario de admisión de probas libres 20-21

Consultar no apartado de PROBAS LIBRES

Folga Alumnado - 8 de marzo de 2021

Folga de alumnado 8 de marzo

 

            Dirixímonos a vós para comunicarvos que o 8 de marzo está convocada por varias organización estudantís unha folga de alumnado que afecta a todos os cursos salvo a 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas e codelegados no IES Chapela en data de 4 de marzo, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase en reivindicación dos dereitos da muller.

            O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela o día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningún alumno ou alumna menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao Centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia.

            Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai/pai ou titor/a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora do grupo. 

Chapela, a 4 de marzo de 2021

 

A dirección

Avaliacións e publicación das cualificacións

O luns 22 de xuño realizaranse as avaliacións finais de ESO e BACH. A publicación das cualificacións en abalarMobil terá lugar tan pronto como sexa posible, sen necesidade de agardar ao martes 23 de abril ás 12:00 como estaba previsto. O motivo é a recomendación dos servizos técnicos da Consellería de que se publiquen as notas canto antes ante o temor dunha sobrecarga no sistema.

Datas e datos para o fin de curso - 2020

19 de xuño: último día lectivo

22 de xuño: avaliacións

22 de xuño: publicación das cualificación en abalarMobil

23-25 de xuño: reclamacións de cualificacións ata as 12:00

25 de xuño: recollida de libros e entrega Consellos orientadores 2º e 3º ESO

26 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00 (ESO-Bach-FP ordinario) / 18:00 (FP modular)

26 de xuño: recollida de libros e entrega Consellos orientadores 1º e 4º ESO

26 ao 30 de xuño: matrícula ESO e Bacharelato (preferentemente telemática)

(Matrícula FP, pendente da publicación da Orde do procedemento de admisión)

Exames Ciclos FP - Xuño 2020

Suspensión da Saída a Andorra - Alumnado 4º ESO e 1º BACH

Hoxe 12 de marzo, en asemblea coas familias, alumnado e profesorado implicado na organización da excursión de fin de curso a Andorra, e ante a situación que estamos a vivir coa expansión do coronavirus, decidiuse suspender esta saída. Agradecemos o labor desenvolvido por todas e todos, especialmente pola profesora de Educación Física, Nuria Redondo, e o traballo incansable da ANPA no apoio ao alumnado, personificado en Beatriz e Graciela. Lamentamos esta suspensión, e agardamos que teñamos a oportunidade de realizar outra excursión ao final de curso.

A dirección do IES de Chapela (12-3-20 / 19:00)

Distribuir contido