|
|
|
|
|
O mércores 20 de marzo chegou Manuel Rivas a Chapela co son dunha buguina que nos mergullou no seu universo literario. Falounos das flores e das espiñas que conforman o que somos. Falou da súa familia, da súas vivencias de neno, e a través delas explicounos a función da literatura. Unha clase maxistral que permanecerá no recordo do alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato que asistiu ao acto organizado polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega por iniciativa do Concello de Redondela ao que ficamos agradecidas/os.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dentro dos actos polo Día da Ciencia en Galego, o pasado venres no vestíbulo do IES Chapela puidemos coñecer o importante traballo do xeógrafo e matemático galego Domingo Fontán grazas á interesante presentación do alumno de 2º ESO Aarón Bóveda Crespo. Domingo Fontán, designado Científico Galego 2018 pola Real Academia das Ciencias, foi o autor en 1834 do primeiro mapa de Galicia realizado con medicións matemáticas cunha precisión extraordinaria para a época. Grazas a el Galicia contou durante moito tempo cun mapa máis preciso que o de calquera outro territorio do Estado Español. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A profesora do Departamento de Física Aplicada da UVigo, Verónica Salgueiriño Maceira ofreceu hoxe no IES Chapela a conferencia "A nanociencia en Galiza" dentro das actividades que o EDLG do instituto vén desenvolvendo para celebrar o "Día da Ciencia en Galego". Nunha conferencia dirixida ao alumnado de 2º e 3º ESO, a investigadora e profesora da UVigo falounos da actividade que desenvolve co seu grupo de investigación en torno aos materias magnéticos de escalas nanométricas, con aplicacións tecnolóxicas, enerxéticas, medicinais... Verónica demostrou dabondo a importancia do traballo que está levando a cabo pero sobre todo transmitiunos tres ideas. En galego faise ciencia, como foi a súa conferencia impartida na nosa lingua. En Galicia faise ciencia, e ciencia punteira pese a que ás veces non contemos con todos os medios e inversións necesarias. As mulleres fan ciencia, e a súa invisibilidade e os escollos que teñen que superar a medida que avanzan na súa carreira profesional, docente e investigadora, deben ser derrubados. En Galicia, en galego, e unha muller, demostrounos que todo isto é posible. GRAZAS VERÓNICA!
|
|
|
|
|
|
|
|