Listaxe definitiva da concesión de cheques de material escolar

A partir de hoxe, mércores 26 de xullo, está dispoñible na entrada do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar (cheques de 60 e 75 euros).

As persoas SOLICITANTES poden recoller os cheques a partir do 1 de setembro. Se algunha das persoas beneficiarias precisa recollelo antes da data indicada, pode solicitalo presencialmente os días 27 e 28 de xullo e recollelo o seguinte día hábil.