Cheque material escolar

A partir de hoxe, mércores 12 de xullo está dispoñible na entrada do centro o listado provisional de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar.

O período de reclamacións estará aberto ata o vindeiro mércores, 19 de xullo, e o 26 de xullo publicarase a listaxe definitiva. Os cheques poderán recollerse en conserxería a partir do 1 de setembro.