Saídas didácticas

Visita a ACEESCA

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior Modular de Integración Social a ACEESCA, unha entidade de traballo con persoas con diversidade funcional de Porriño. Axudáronnos a ver a realidade dese colectivo así como a experimentar os diferentes materiais de comunicación que teñen para que o alumnado poida transmitir e expresar todas a vivencias que teñen.
Foi moi interesante e enriquecedor.

 

Aceesca 5 Aceesca 2
Aceesca 3 Aceesca 4

Visita á farmacia do hospital POVISA

O xoves 11 de abril os alumnos e alumnas do CM de Farmacia de modular, horarios 1 e 2, visitaron o hospital Povisa. Alí ensináronlle as instalacións e explicáronlle o funcionamento do servizo de farmacia hospitalaria, o laboratorio de formulación e o servizo de dispensación farmacéutica. Queremos agradecer ao persoal de Povisa que nos atendeu a súa amabilidade, a visita resultou moi interesante!

 

Farmacia 1 Farmacia 2 Farmacia 3

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado do Ciclo de Educación Infantil do réxime de persoas adultas visitamos a exposición da XX Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde puidemos achegarnos a unha ampla variedade de propostas literarias para a infancia en lingua galega e portuguesa, presentadas arredor do fío condutor da revolución. E ao rematar, complementamos a nosa saída cun roteiro turístico para a infancia polo casco vello da cidade. Tivemos moita sorte de que nos acompañase o bo tempo!

 

Salon do libro 1
Salón do libro 4 Saló do libro 5
Salón do libro 2 Salón do libro 3

Saída ao Espazo Educativo Foresta

O alumnado de primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil visitou, o pasado día 11 de marzo, o Espazo Educativo Foresta.

Trátase dun recurso de iniciativa social sen ánimo de lucro que aporta ás crianzas unha alternativa educativa diferenciada da oferta regrada.

O alumnado interactuou con todos os recursos do espazo, especialmente con aqueles naturais exteriores, que aportan significatividade e identidade a Foresta.

As persoas educadoras que desempeñan a súa labor profesional no centro resumiron a súa función e deron resposta ás múltiples cuestións do alumnado.

 Saída a Foresta

Visita didáctica a COFANO

 

O pasado martes 9 de abril, os alumnos e alumnas do CM de Farmacia realizaron unha visita didáctica ás instalacions da Cooperativa Farmacéutica do Noroeste.

Visita a COFANO

Visita á Asociación de familias de persoas con parálise cerebral

O pasado 26 de marzo os alumnos e alumnas do ciclo de APSD de horario modular, realizaron unha saída didáctica para visitar as instalacións da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral e así escoitar de primeira man as  súas vivencias e inquietudes.

APAMP 2
APAMP1 APAMP 3
APAMP 4 APAMP 5

Visita ao auditorio de Santiago

O pasado luns 25 de marzo alumnos e alumnas de 2º ESO viaxaron a Santiago para partipar na proxección de curtas dentro do programa anual para escolares do auditorio de Galicia.

Auditorio de Santiago

Campeonato de baloncesto

Voluntarias do IES Chapela dos ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e Educación Infantil participan no campeonato de baloncesto coa Asociación San Francisco de Vigo (AGASFRA)

 

Campeonato de baloncesto 1 Campeonato de baloncesto 2

Visita a colexios da zona

"Os días 12 e 13 de marzo o alumnado de 1º de Educación Infantil participou durante toda a mañán nas aulas de infantil de 3 a 6 anos dos colexios: CEIP Frián-Teis, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo e CEIP Igrexa.
A experiencia foi magnífica e queremos agradecer a todo o profesorado, equipos directivos e nenos e nenas dos centros a gran acollida que nos brindaron. No seguinte trimestre voltaremos coas mans cheas de xogos e actividades para facer disfrutar ás crianzas!!!"
 
 Visita a coles 3  Visita a coles 2
 Visita a coles 1  Visita a coles 4
   

Visita a Cofano e farmacia Pérez Otero

o xoves 21 de marzo os alumnos e alumnas do CM de Farmacia vistiaron a Cooperativa Farmacéutica do Noroeste e as instalacións da farmacia Pérez Otero de Vigo.

 

Visita a Cofano 1 Visita a Cofano 2

 

Distribuir contido