Matrícula FP Réxime Persoas Adultas - Modular / Distancia 23-24

Presentación presencial dos documentos na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:00.

 

Documentación:

1. Impreso de matrícula.

O código persoal de consulta do proceso de admisión (CPC) obtense na aplicación Ciclosadmisión. Para descargalo introducirase o DNI e o número de código de barras da solicitude de admisión. Este código permitirá seguir todo o proceso de admisión e matrícula.

De ser adxudicada a praza, poderase descargar o impreso de matrícula desde a aplicación Ciclosadmisión introducindo o CPC.

2. Xustificante de ter pagado o Seguro Escolar. (1,12 €/ ABANCA ES6220805103343040003924)

As persoas maiores de 28 anos están exentas.

3. Unha foto. 

 O alumnado de Distancia non ten que traer foto.

 

 alumnado novo no centro traerá a seguinte documentación: pica aquí.