Ed. Lecer

Rincón de pensar

 

 

Por iniciativa do Departamento de Matemáticas o IES de Chapela conta desde esta semana cun novo espazo de lecer xunto á Aula de Convivencia. As xa habituais partidas de xadrez compartirán os períodos de descanso con quebratestas, xogos de lóxica, tamgrams...

O “rincón de pensar” espérate nos recreos! 

 

Lectura: Unha estrela no vento

 

       

Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Miguel Comproba como o seu mundo derrúbase de un día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, séntese diferente a todos. Recibe unha boa malleira que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentaban a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ao que todos agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.

A novela, escrita no ano 2000, é a ópera prima de Ledicia Costas (1979), escritora que co tempo acadaría gran recoñecemento.

Cociña, tempo libre e lecer

DIVERTIRSE COCIÑANDO EN CASA

Algunhas persoas odian cociñar, a moitas simplemente lles dá pereza, e para outras é un hábito cotiá ao que non lle dan importancia. Pero calquera pode divertirse cociñando e pasalo ben comendo reservando unha parte do seu tempo libre para aprender unha serie de técnicas culinarias e organizativas. De entrada habería que empezar por pratos fáciles porque o resultado, que con toda seguridade será estupendo, anima a seguir experimentando. Para cando empecemos a converternos en amantes da cociña podemos probar coa preparación de cociñas do mundo. En gastronomía é fácil pensar en zonas xeográficas como unha primeira maneira de achegarse ao menú. Xenial! agora toca elixir os pratos típicos, e ambientar o espazo onde comeremos: buscar música popular da rexión escollida, elixir vestimenta [para nós, e se nos atrevemos a propoñérllelo!, para os e as nosas comensais], dispoñer a presentación dos pratos como no lugar de orixe, colocar nalgunha zona folletos coas tradicións da rexión ou país, proxectar imaxes, etc.

Como a diversidade cultural do IES Chapela cada vez é maior, decidimos ir introducindo neste apartado receitas propias da nosa zona, rexión e país, pero tamén do resto do mundo. Empezamos pola cociña dominicana, por ser a comunidade dominicana a de maior representación no Centro. As receitas típicas recollidas representan a cociña do norte, noroeste, sur e suroeste da illa.

 

Chivo picante Tipile Lambí Paella de Lambí
       
  Chambre  Chenchen  Chacá  Quipe
     

 

Baile e saúde

Os beneficios do baile para o noso corpo e a nosa saúde son innumerables. Mellora a mobilidade articulatoria, xa que a súa práctica fainos mover bastante, beneficia o equilibrio, axuda a queimar graxas, contribúe a relacionarnos con outras persoas... Todo son vantaxes

 

SAMBA do BRASIL

 

 

 

 

Distribuir contido