Rematou o 2º trimestre

A saída do sol permitiunos rematar o trimestre con algunhas saídas ao aire libre que nos deron un necesario respiro a tanto protocolo. Grazas ao profesorado e a Álvaro Diego da A. VV. de Chapela, por sumar. O noso alumnado de 1º e 2º ESO explorou a contorna natural, recollendo lixo e vixiando como está o noso patrimonio en Chapela. Visitamos muíños e lavadoiros nos ríos Maceiras e Fondón, e realizamos entrevistas a persoas maiores para recuperar lembranzas. Haberá folgos para continuar coa tarefa? Debería. O ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia quixo despedir o alumnado de 2º coñecendo os nosos tesouros de Chapela. Ánimo coas prácticas, mozas e mozos. Practicamos como facer radio cos profesionais de Ponte nas Ondas. Xa non hai escusa para cando volvamos. E rematamos o concurso dos venres con música, coa novidade do aplausómetro. Gañadora, Muiñeira de interior de Boyanka Kostova. A distancia social espílenos a imaxinación. Quédanos un trimestre, ánimo. (Pica nas imaxes para acceder a máis fotos.) 

 

   
   
 Saídas 1º e 2º ESO  Despedida APSD
   
   
Obradoiro de Radio - Ponte nas Ondas  Venres con Música - Muiñeira de Interior