Fin de trimestre

Prezada comunidade educativa,

 

O sábado 27 de marzo comezan unhas vacacións de Semana Santa que se prolongarán ata o luns 5 de abril inclusive. O venres 26 de marzo publicaranse as cualificacións de todo o alumnado na aplicación abalarmobil. As clases desenvolveranse co horario habitual ata a última hora. Lembramos tamén que o día luns 12 de abril é festivo local e non haberá clase. Volvemos a salientar o exemplo de responsabilidade e madurez do alumnado do IES de Chapela ao longo deste curso marcado pola pandemia no que seguimos a evitar o contaxio no centro. O noso agradecemento e os nosos parabéns, mais tamén o recordo de que en ningún momento podemos baixar a garda e de que debemos seguir respectando as normas de prevención para minimizar o risco. Só resta un trimestre. Moito ánimo e boas vacacións.

 

A dirección