Escoitar, Aprender e Compartir

Seguimos adiante

Prezadas familias e alumnado do IES de Chapela,

O alumnado do IES de Chapela está a dar un exemplo de responsabilidade e madurez ao longo deste curso marcado pola pandemia,no que aínda non temos que lamentar nin un só contaxio no centro. Aquí vai o noso agradecemento e os nosos parabéns, mais tamén o recordo de que en ningún momento podemos baixar a garda. Ante a situación de crecemento dos casos de infección en todo o país pregamos seguir minimizando o risco, respectando as normas de prevención, gardando corentena na casa cando haxa síntomas compatibles coa COVID... As canles para informar ao centro dos casos sospeitosos ou para facer calquera consulta continúan a ser as mesmas: correo electrónico da persoa titora, correo do centro: ies.chapela@edu.xunta.gal,  teléfono 886 110 610, preguntando polos responsables do equipo COVID. Son momentos difíciles e só coa vosa colaboración podemos saír adíante. Grazas, grazas, grazas. Saúde e terra.

Equipo COVID e Equipo Docente e Non Docente do IES de Chapela.

Certame Literario Xela Arias - IES de Chapela

Marchou Juan

   

Marchou Juan. Non sabiamos como dicirlle adeus, nin el como marcharse. Quizais por iso no seu último día de servizo quedou ata que tocou a sirena bailando con nós. Non pegados como Sergio Dalma, senón mantendo á distancia de seguridade, mentres nos dicía que estivo no mellor centro do mundo e que gozara da profesión: O estar traballando en educación é un verdadeiro pracer se sabe desfrutar del. Estamos para axudar, estamos para comprender, estamos para acompañar. Grazas Juan por ter aberto ese paraugas para acompañarnos durante todos estes anos. Seguiremos buscando a túa silueta na pista ao entrar no insti. Longa vida!

Bo Nadal

Plan de Adaptación á Situación COVID-19

25 N - 2020 / O IES de Chapela di NON á Violencia de Xénero

A enerxía das mareas: o proxecto Magallanes

Dentro das actividades do Mes da Ciencia en galego, hoxe tivo lugar a videoconferencia: A enerxía das mareas: o proxecto Magallanes, a cargo de Marta García Rivas, enxeñeira de minas e directora técnica do Proxecto Magallanes. Esta empresa de Redondela está levando a cabo un dos traballos máis prometedores a nivel internacional de obtención de enerxía a partir do movemento das mareas. A videoconferencia estivo dirixida a todo o alumnado do IES de Chapela.   

Mes da Ciencia en Galego - Feira Científica

Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración cos departamentos didácticos de ciencias preparou unha programación de actividades para conmemorar o MES DA CIENCIA EN GALEGO co obxectivo de visibilizar que a nosa lingua é perfectamente válida para o traballo científico. Adaptándonos á situación excepcional na que nos atopamos, as conferencias realízanse de forma virtual e o alumnado asiste a elas desde o seu posto na aula. En canto á habitual Feira Científica, reformúlase en nove vídeos gravados polo alumnado aos que podes acceder na canle de youtube do EDLG de Chapela ou directamente premendo sobre cada un deles.

 

   

   

  

 

Novidades Lectura - Novembro 2020

25-N 2020 Día Internacional Contra a Violencia Machista - Equipo de Igualdade e Diversidade IES de Chapela

Distribuir contido