Escoitar, Aprender e Compartir

Consellos de vida

A experiencia das persoas maiores, grazas polos vosos consellos de vida

Manifestación IES de Chapela - 4 de xuño de 2021

MANIFESTACIÓN - Venres 4 de xuño - 20:00

TANXUGUEIRAS GAÑADORA DO CONCURSO MUSICAL

As TANXUGUEIRAS, co seu tema MIDAS, foron as gañadoras da nova edición do noso concurso musical, no que participou durante 7 xornadas o alumnado da mañá e da tarde, decidindo cos seus aplausos o mellor tema do ano:

TANXUGUEIRAS AGRADECE AO IES DE CHAPELA SER O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO MUSICAL

 

 

CUARTOS DE FINAL SEMIFINAIS FINAL GAÑADORA
Tanxugueiras
Midas
Tanxugueiras
Midas
  Tanxugueiras
  Midas
Tanxugueiras
Midas
Rhome
Reina
Ezetaerre
A insurxencia por vir
Ezetaerre 
A insurxencia por vir
Nao
Mafia
Natasia Zürcher e outros
O maio
Natasia Zürcher e outros
O maio
  Rebeliom do Inframundo
  No choio fálase dun ERE
Relámpago
Ti podes ser um heroe
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase dun ERE
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase...
As Efémeras
Sofre o mar

Exames Convocatoria Extraordinaria 2º Bacharelato - 2021

REPENSAR O PATIO, RENATURALIZAR A ESCOLA

Información Probas Libres

O día 1 de xuño comeza o proceso de probas libres no IES de Chapela. A xornada de acollemento é ás 9 horas. Dita xornada ten carácter obrigatorio, incluso para aquelas persoas que se matricularon para validar algún módulo. Unha vez que remate a xornada de acollemento comezan os exames seguindo os calendarios que xa se publicaron nesta páxina web, así como no taboleiro dedicado a probas libres, hai varias semanas.

Todo o alumnado esperará fóra do centro a que o profesorado o vaia buscar. Para poder entrar á presentación ou a calquera exame o alumnado ten que estar sempre identificado mediante o seu DNI (a imposibilidade de identificar a alguén será motivo de expulsión do proceso).

O cumprimento da normativa sanitaria vixente é obrigatorio en todo momento. Se non se cumpre algunha das normas establecidas a persoa en cuestión será, tamén, expulsada do proceso.

TOC - Vídeo do CS Integración Social

O alumnado do Ciclo Superior de Integración Social do IES de Chapela, invítanos a unha reflexión sobre o TOC (Trastorno Obsesivo Compulsivo), neste interesante vídeo realizado en colaboración coa súa profesora Inés Rey. O traballo será presentado no I Festival Internacional de cine "Mente y TOC" que se celebrará en Granada o 11 de xuño de 2021 organizado pola Asociación TOC de Granada. Moita sorte.

Consellos de VIDA

O alumnado de 1º de APSD quere reunir todos os consellos de vida das persoas maiores que nos rodean, eses sabios consellos da experiencia que necesita a xuventude.

Participa con nós e pregúntalle ao teu avó ou avoa cal sería a súa mensaxe, faille unha foto cun cartel co seu nome, idade e o consello. Envía a foto a: servizoschapela@gmail.com De seguro aprenderemos un montón!

  

Ciao Ramiro

Trinta anos non é nada!

Trinta anos non é nada pero é toda unha vida como docente. Trinta pasaron dende que Ramiro Fernández chegaba a Chapela, alá polos noventa, cando o instituto levaba apenas un ano de actividade e o departamento de Sanitaria, do que foi un pilar fundamental, iniciaba a impartición da formación profesional. Ao longo destes anos foi moito o alumnado  que pasou polas súas clases e poido empaparse das súas ensinanzas. Tamén moitos os compañeiros e compañeiras que tivemos a sorte de compartir con el o día a día do seu traballo como docente, e que recibimos os seus sabios e desinteresados consellos médicos.

Despedímoste agora coa nostalxia de todos estes anos pasados pero co mellor desexo para esta nova etapa da túa vida. Unha aperta, compañeiro!

Distribuir contido