Escoitar, Aprender e Compartir

Fields of gold no IES de Chapela

Traballo dirixido, gravado e mesturado desde o Departamento de Música polo profesor Carlos Calviño, e no que ademais da colaboración do profesor de inglés César Domínguez, participaron alumnas e alumnos de ESO e BACH: Mara Otero, Carmen Castro, Paula Filgueiras, E. André Uriz, Laura Langarica, Sergio Sánchez e Alejandro Barreiro. Un tributo emocionado ao profesor Manolo Ares, que nos deixou o pasado curso.

O IES de chapela reclama que se cubra a segunda praza de orientación

Asun e Chiti

Esta pasada semana despedimos ás profesoras do Departamento de Sanitaria Asunción Gómez e Concepción Bandín. As dúas desenvolveron unha boa parte da súa carreira profesional no IES de Chapela. Aquí deixaron Asun e Chiti parte dos seus folgos e ilusións para construír o centro que hoxe en días somos, e ser xa, memoria compartida das nosas aulas. Longa vida compañeiras!

Xornada de comadres na Senda da Auga

 

Os grupos de 1º e 2º curso do CFGS en Educación Infantil realizan unha xornada de comadres na Senda da Auga

O alumnado do 1º e 2º curso do CFGS en Educación Infantil do réxime xeral-ordinario levaron a cabo unha xornada de coñecemento mutuo e convivencia percorrendo o roteiro da Senda da Auga.

 

Saída Senda da Auga 1

Con anterioridade á saída, o alumnado distribuíse en parellas de comadres (unha alumna de 2º curso cunha de 1º curso) mediante un xogo de imitación.

 

Senda da Auga 2

Con saída ás 10:30h dende o IES Chapela, chegaron até o “Banco máis fermoso do mundo” para desfrutar das vistas da Ría de Vigo. Polo camiño puideron coñecerse, intercambiar pareceres e debater sobre a titulación.

 

 Saída Senda da Auga 3
 

Antes de voltar, realizaron paradas para almorzar, hidratarse e realizar dinámicas de coñecemento.

 
Saída Senda da Auga 4

Comezamos

Coa alegría dos reencontros e a ilusión dos comezos, atopámonos ás portas deste novo curso 21-22. Damos a benvida a todas as aprendizaxes coas que nos agasalle. Comezamos. Avante Chapela!

Mural realizado polo Equipo de Igualdade do IES de Chapela

Fondo de Libros de Texto e Axudas Material Escolar

O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 50 €) cando reúnan os requisitos establecidos na Orde do 29 de abril de 2022.

 

Información resumida da Orde do 29 de abril de 2022 - IES de Chapela

 

Orde do 29 de abril de 2022 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Enlace con máis información á paxina da consellería

Enlace á aplicación para descargar os formularios Anexo I  Anexo II

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

 

Chegou o verán

Mañá martes será o último día lectivo deste atípico curso que comezou coa incerteza de saber se sería posible desenvolver a pé de aula. Atrás quedou aquel 23 de setembro do ano pasado no que as máis pequenas e pequenos do IES de Chapela traspasaban as portas do centro as nove da mañá. Desde aquela son moitos os momentos e as experiencias compartidas entre o alumnado de tan diferentes idades. Cento sesenta e sete días de clase nos que non foi preciso pechar o centro nin ningunha das súas aulas, e nos que no interior do instituto non se constatou ningún contaxio. O labor incansable de Celia, Sefi, Marina e Fátima; a planificación e elaboración de plans e protocolos deseñados por Isabel e Elena desde o equipo COVID e implementados polo profesorado e persoal non docente; a sorte; e sobre todo a madurez e responsabilidade do noso alumnado no cumprimento das medidas de hixiene e seguridade, fan que poidamos dicir, agora si, que contivemos a pandemia no curso 2020/21. Por riba dos resultados académicos mañá toda a nosa comunidade educativa celebra a aprendizaxe da nosa resistencia activa. Moitas grazas a todas e a todos e os nosos parabéns! Bo verán!

A dirección

Eratóstenes en Chapela - Experimento no solsticio

Lecturas para o verán

Sesé en Chapela - 2021

Distribuir contido