Escoitar, Aprender e Compartir

III Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela

 Mural Xela arias

 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan o III Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela.

PARTICIPANTES: Alumnado do IES de Chapela

MODALIDADE: Poesía en lingua galega

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 2 de maio de 2022

PREMIO: Cheque para mercar no comercio local. 1º Premio 50€. 2º Premio 30€. 3º Premio 20€

DESCARGA AS BASES DO CONCURSO

Volve Venres con Música

Bacharelato de Artes para Redondela

Probas de acceso

ANPA: Viaxe de Fin de Curso - 4º ESO, 1º BACH

Comunicación Casos Positivos

Recordamos a todo alumno ou alumna positiva en COVID que coñeza esta realidade por autodiagnóstico e sen supervisión médica, que ademais de comunicalo ao centro, cubra o formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na web do coronavirus:

Declaración responsable de autotest positivo - Coronavirus (sergas.es)

Ou ben chame ao teléfono 881 54 00 45

 

EQUIPO COVID

Presentación do libro

O que foi profesor do IES de Chapela, Xabier Pérez Davila, invítanos á presentación do seu último traballo editorial: Socialismo en Europa 2020. Martes 17 de xaneiro ás 19:00 na Escola Municipal de Artes e Oficios. Alí estaremos.

Bo 2022

 

Despois duns días cargados de celebracións e bos momentos, o alumnado de APSD modular quere mostrar o vídeo que con moito agarimo fixeron para felicitar as festas a diversas entidades como asociacións, centros de día e residencias. A súa intención era obter sorrisos por debaixo das máscaras e aportar optimismo para este novo ano. Feliz 2022

 

Nota informativa COVID-19

Prezadas familias e alumnado,

 

volta ás aulas logo das vacacións de Nadal, nunha situación de alta transmisión do virus que provoca a COVID-19, está a supoñer certa desorde na información e instrucións por parte das administracións educativas e sanitarias. É certo que o escenario é cambiante e supón unha adaptación constante ao contexto, mais seguimos sen contar con pautas precisas transmitidas en tempo e forma nun momento no que o noso centro está a ter unha alta incidencia da pandemia entre o alumnado.

A aposta pola presencialidade é decidida, e o peche dos centros amósase como unha medida de último recurso. Os centros sitúanse neste contexto como contornas seguras das que se traballará por garantir a súa apertura continuada.

As medidas de protección son as coñecidas: ventilación, uso correcto de máscaras, hixiene de mans, distancia interpersoal... Mais no novo contexto redobrando esforzos e atención no seu cumprimento.

En canto a xestión de casos confirmados ou posibles, é fundamental non acudir ao centro educativo se:

- Hai calquera síntoma compatible coa COVID, se teña diagnosticado ou non.

- Hai diagnóstico de COVID.

- Existe indicación de corentena.

O alumnado que presente síntomas compatibles coa COVID-19, non deberá acudir ao  centro ata que teña o resultado dunha proba diagnóstica.

Casos confirmados

Os casos confirmados non deben acudir ao centro, e deben permanecer en illamento ata transcorridos 3 días do fin do cadro clínico e un mínimo de 7 días desde o inicio dos síntomas ou desde o diagnóstico en casos asintomáticos. Tras o período de illamento e ata 10 días posteriores ao inicio dos síntomas ou á data de diagnóstico en asintomáticos, as persoas positivas deberán extremar as precaucións e reducir no posible as interaccións sociais. É importante que a persoa positiva comunique á súa rede de contactos próxima a súa situación para que poidan tomar as medidas oportunas.

Contactos estreitos

Os contactos estreitos, sen síntomas, vacinados coa pauta completa, estarán exentos de corentena e poderán acudir ao centro. Aqueles contactos estreitos que soliciten agardar por unha proba diagnóstica ou que polas súas circunstancias persoais demanden adiar a súa presenza no instituto por un período de tempo prudencial, terán xustificada a súa falta de asistencia. Sabedores da dificultade de conseguir probas documentais para xustificar un positivo ou un contacto, o centro actuará con flexibilidade, mais pregamos que sempre que sexa posible se achegue xustificación.

 

Para calquera cuestión non dubiden en poñerse en contacto co centro a través do teléfono ou correo electrónico.

Agradecemos o comportamento e a resistencia activa do noso alumnado. Un saúdo.

 

A DIRECCIÓN / EQUIPO COVID

Pago de Taxas Títulos

Distribuir contido