Escoitar, Aprender e Compartir

8M - 2022 - Día Internacional da Muller

8M Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, a educación é a vía que nos permitirá a todos e todas vivir nunha sociedade xusta e igualitaria, o equipo de Igualdade "Brigada Violeta" do IES de Chapela lémbrao ao son dos tambores:

E agora que estamos xuntas,

e que agora que si nos ven,

abaixo o patriarcado, que vai caer, que vai caer

arriba o feminismo, que vai vencer, que vai vencer

8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller
8M Día Internacional da Muller 8M Día Internacional da Muller

Campañas a prol da igualdade do alumnado de Integración Social - 8M - 2022

O alumnado do Ciclo Superior de Integración Social, malia cursar os seus estudos a distancia, tamén celebra o 8 de marzo co resto da comunidade educativa do IES de Chapela e quere compartir convosco unha mostra de vídeos, carteis, trípticos e infografías que fixeron como parte de distintas campañas que deseñaron para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Podedes acceder a estes materiais na seguinte ligazón:

 

 https://drive.google.com/drive/folders/1jijVVtz8d0fHKqo7CUEQzEvmjRFeYH6U?usp=sharing

Mayte Celeiro Mallo, responsable de CaixaProinfancia, no IES de Chapela

 

O pasado venres, día 4 de marzo, Mayte Celeiro achegouse ao IES Chapela para compartir co alumnado do 2º curso do CFGS en Educación Infantil o traballo en prevención e protección infantil.

A charla, encadrada no módulo de IFAM, xirou en torno a dous eixos diferenciados. Por unha banda, explicouse o traballo realizado dende CaixaProinfancia, onde Mayte é coordinadora, para combater o risco social das crianzas e as súas familias. Por outra banda, afondouse nas medidas de protección da infancia en desamparo, máis concretamente no traballo realizado por Arela nas Casas de Familia e tamén nos Centros de Atención de Día.

A maiores, o alumnado puido preguntar en torno ao perfil profesional, ao desgaste emocional das persoas traballadoras, ao traballo directo coas familias, entre outras moitas cuestións.

 

Entroido 2022

Volveu o Entroido, ano 2022, IES de Chapela. Xa tiñamos experiencia en celebrar en medio da pandemia e a nosa comunidade educativa volveu a recibir estas datas como se merecen. Alumnado, persoal non docente e profesorado eleváronse en medio do fastío e cansazo que nos impoñen as nosas máscaras de resistencia, para participar activamente nesta festa da convivencia e non renunciarmos á alegría de existir, de reexistir e de resistir. O venres 25 regalámonos un dos mellores momentos do ano, e o pulo para chegar a un final de curso que comeza a albiscarse. Quen non se emocionou vendo bailar a toda esta mocidade, e non tan mocidade, ao ritmo das músicas e disfraces máis variados? De diúrno a modular, de 1º ESO a 2º Bacharelato ou aos ciclos de adultos, o noso Entroido petouno grazas a todas e a todos vós.

Máis abaixo tedes imaxes e vídeos dos mellores momentos deste Entroido que xa pasou, pero que seguiremos recordando. Grazas a todo o alumnado implicado por compartir e sacar o mellor de si nos momentos que atravesamos, especialmente aos grupos de 3º ESO que comandaron a organización pola mañá. Grazas especialmente a Adrián, Marco, Eloy, Sergio, Bruno ao mando do equipo de son. Grazas ao profesorado e persoal non docente que soubo acompañar. Grazas a Olga, que unha vez máis reinventou esta celebración tan necesaria para que en Chapela sigamos a escoitar, aprender e COMPARTIR. Grazas a todas.

 

ORGANIZACIÓN   

 

Baile Profes Diúrno 

 GRUPOS

 POSANDO 

ACCIÓN

MODULAR 

Montañeiras celtas   Farmacéuticas desmelenadas 

  Quen ese home, ho?

Tanxugueiras de Chapela 

 

 

Obradoiro - Medios de comunicación como axente de cambio contra a violencia machista - 2022

O 12 de marzo no Multiusos A Xunqueira terá lugar un obradoiro en relación ao papel dos medios de comunicación como axentes de cambio contra a violencia machista. No mesmo participará o noso exalumno, veciño e amigo, Joshua Alonso Mateo en calidade de promotor da igualdade entre homes e mulleres, xunto a Patricia Costa, xornalista de RNE. Para máis información pica aquí: II Xornadas “Gemma Pereira Otero” Mulleres e Igualdade.

Pola saúde mental da nosa mocidade

Os institutos de secundaria do concello de Redondela, lanzan a súa iniciativa POLA SAÚDE MENTAL DA NOSA MOCIDADE. A mesma foi enviada onte ás xefaturas territoriais de sanidade e educación da provincia de Pontevedra, e ás consellerías respectivas.

Descarga o texto e compárteo

 

La Voz de Galicia - SOS dos institutos de Redondela para protexer a saúde mental do alumnado

Radio Redondela - Os institutos de Redondela reclaman maior atención sobre a saúde mental da mocidade

Nós Diario - CIG-Ensino pide atender a saúde mental nos centros educativos

CIG-Ensino - Pola saúde mental - Centros de secundaria de Redondela

Radio Vigo - Entrevista á dirección do IES de Chapela

 

Charla de Xaruma

O pasado 18 de febreiro o alumnado de APSD Modular recibiu unha charla sobre saúde mental ofrecida pola Asociación Xaruma. Nela puidemos achegarnos ao labor desenvolvido por esta entidade e debater arredor dos mitos e verdades dos problemas de saúde mental, tan presentes na nosa sociedade actual. Grazas a María por axudarnos a entender mellor esta realidade!

Admisión alumnado de novo ingreso ESO-BACH – Curso 22-23

Ábrese o proceso de admisión do alumnado de novo ingreso para ESO-BACH no curso 22-23

Prazo: 1 ao 21 de marzo

 

Poderá realizarse ben de xeito telemático a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Ben presencialmente no propio centro entregando a seguinte documentación

  • Fotocopia DNI ou folla de inscrición da alumna-o no Libro de Familia.
  • Certificado de matrícula (con código XADE) no que conste o curso que está a estudar actualmente.
  • Certificado académico, salvo para 1º ESO.
  • Padrón familiar

Vacantes

1º ESO

44

2º ESO

0

3º ESO

4

4º ESO

5

1º BACH - Ciencia e Tecnoloxía

7

1º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

7

2º BACH – Ciencias

13

2º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

18

 

Listaxe provisional: 26 de abril

Listaxe definitiva: 18 de maio

Saída anticipada ESO e Bach - 13:00 - Volta Ciclista a Galicia

O xoves 24 de febreiro a Volta Ciclista a Galicia pasará polo noso concello provocando o corte de tráfico entre Redondela e Vigo, afectando principalmente á estrada nacional 552 ata a Avenida de Vigo por onde continuará ata a Avenida de Galicia para proceder a súa entrada en Vigo. Dito corte abarcará previsiblemente desde as 14:00 ás 15:00. É por esta circunstancia, e de cara a asegurar a saída do instituto e a chegada do noso alumnado aos seus fogares, que os alumnos e alumnas de ESO e BACH abandonarán o centro escolar ás 13:10, hora na que serán recollidos e recollidas polo transporte escolar. Un saúdo.

A dirección.

8 de Marzo - Folga Xeral Estudantil

Estimadas familias:

                Dirixímonos a vós para comunicar que o día 8 de marzo está convocada polo movemento estudantil unha folga de estudantes contra a violencia machista, a LGTBIfobia e o fascismo. Esta folga afecta a todo o alumnado, salvo aquelas ou aqueles que cursen 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas/os no IES Chapela en data de 22 de febreiro, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase.

            O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela no día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningunha alumna ou alumno menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia.

                Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai, pai ou titor-a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora.

                Sen outro particular reciba un cordial saúdo.

Chapela, a 22 de febreiro de 2022

A DIRECCIÓN

Distribuir contido