Escoitar, Aprender e Compartir

VIAXE DE FIN DE CURSO ANPA IES CHAPELA 4º ESO 1º BACH.

O alumnado de 4º ESO e 1º Bach realizou unha viaxe a Asturias para celebrar o final de curso. Despois de moito traballo unhas merecidas vacacións!  A proposta deste viaxe incluia un montón de actividades deportivas!! Descenso do Sella en kayak, iniciación ao surf, escalada, barranquismo... Estes chicos e chicas están en boa forma!! Parece que o pasaron moi ben. 

   
   

Pincha aquí para ver mais.

Grazas

 

Prezada comunidade educativa,

Remata un ciclo para comezar outro, o proceso da vida mesma. Vivencias, tarefas, convivencias, alegrías e apuros… que son parte xa da nosa experiencia e que se converteron en aprendizaxes que nos acompañarán sempre para continuar o camiño.

O equipo directivo que vos acompañou estes últimos catro anos deixa paso hoxe a unha nova directiva formada por Antonio, Javier Silvela, Aleixandre, Fátima e Javier Soto. A eles desexámoslle toda a sorte e o apoio da nosa comunidade neste labor colectivo que é dirixir e vivir un centro.

Grazas a todas e a todos.

Avante o IES de Chapela.

Sefi, Patricia, Elena, Olga e Miguel.

 

Chapela, 30 de xuño de 2022

Horarios curso 23-24

Horario do centro próxima semana

A próxima semana (27, 28, 29, 30 de xuño e 1 de xullo), e logo de rematada a actividade lectiva, o horario do centro será de 8:30 a 15:00. Un saúdo.

Lecturas recomendadas para o verán 2022

Lecturas verán 2022

Aviso Probas Libres

Nos exames prácticos de probas libres de todos os ciclos NON haberá xornada de acollemento. O alumnado deberá presentarse directamente na hora de cada proba. Grazas.

Estrea da obra "Pon o teu propio título" - Venres, 3 de xuño ás 19:30 - Multiusos do Piñeiral

Estrea da obra “Pon o teu propio título”, de APSD modular en colaboración coa Asociación Xaruma e a ESAD

Como xa informamos en entradas anteriores, ao longo deste curso académico unha boa parte do alumnado e profesorado do ciclo de APSD (horario 2 do réxime modular) estivo a participar nun proxecto de teatro comunitario, en colaboración coa Asociación Xaruma para a integración e promoción social de persoas do eido da saúde mental e coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, así como co apoio do Concello de Redondela, que nos cedeu as instalacións do auditorio do multiusos Piñeiral do Crego para os ensaios.
 
Froito do traballo conxunto, xurdiu o grupo de teatro Xanela (Xaruma + Chapela), que agora presenta a obra de creación colectiva "Pon o teu propio título". A estrea terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 19:30 horas no multiusos Piñeiral do Crego (Chapela), e agárdase que nela o público teña o seu propio papel. O acceso será de balde e estará aberto a todas as persoas que desexen asistir ata completar aforo. Agardámosvos!
 
Para irvos abrindo o apetito, tedes aquí o cartel e o vídeo promocional da obra, elaborados polas alumnas Andrea Vázquez e Alicia Rey, respectivamente.

https://youtu.be/Zpyo-474noc (ligazón ao vídeo en Youtube)

XXVI Maratón das letras galegas

CERTAME LITERARIO XELA ARIAS IES de CHAPELA 2022

 GANADORAS DO CERTAME LITERARIO XELA ARIAS

 1º PREMIO: Eu son, ti es, el é de Sara Cordeiro Martínez (1º ESO C)

2º PREMIO: O amor de Yanira Táboas Cabaleiro (2º ESO A)

3º PREMIO: Significado do amor de Carolina Castro Rodríguez (2º ESO A)

Resolución do xurado

Maio 2022

Ganadoras certame Xela Arias

Ganadoras certame Xela Arias

 

  Poema gañador: 

Sara Cordeiro Martínez (1º ESO C)

 

Eu son, ti es, el é;

eu son quen quero ser.

 

Non me digas o que penso

non me expliques como é;

pensa un pouco no que eu quero

anque non che veña ben.

 

Eu son, ti es, el é,

e mais ela é tamén.

 

Se a tratas con respecto

logo vai saber querer.

Todos somos un espello

que reflicte cada ser.

 

Son eu, es ti, que ben!

Como sexa cada quen.

Club de lectura O BERETE LECTOR

CLUB DE LECTURA O BERETE LECTOR

Este martes 10 de maio, ás 15:00 horas o club de lectura O berete lector celebrou a derradeira xuntanza deste curso. Nesta ocasión compartimos a lectura da novela xuvenil O segredo de Al´Eume e contamos coa presenza da autora Pilar Ortega Piñeiro.

Canto hai da vida da escritora na novela? Cal é a frontera entre realidade e ficción? Como é o proceso da escritura? Que persoaxes e temas atraeron e sorprenderon máis? Estas foron algunhas das inquietudes que xurdiron no trascurso da agradable tertulia.

Reunión club de lectura
Reunión club de lectura
Distribuir contido