Escoitar, Aprender e Compartir

Inauguración de ARTELIXO en Chapela

 

 

Hoxe, 14 de abril ás 17:00, acto de inauguración de ARTELIXO no Paseo de Cardona, en Laredo (Chapela).

 

Ás 18:00 o IES Chapela presentará a súa obralixo en forma de trono literario.

 

 

                ACHEGÁDEVOS!

Día do Libro - "O meu libro favorito"

Co gallo da celebración do Día do Libro, o equipo da Biblioteca do IES Chapela proponnos a actividade O meu libro favorito, dirixida a toda a comunidade escolar. Cal é o teu libro favorito? Axúdanos a escoller dez títulos. Vota na Biblioteca! Sortearemos un premio entre todas e todos os participantes.

PARTICIPA!

 

Bases e datas

Xornadas sobre Diversidade Funcional

O alumnado de APSD ordinario e modular do IES Chapela, asistiu hoxe 13 de abril, aos III Encontros sobre diversidade, dependencia e igualdade de condicións que tiveron lugar no salón de actos do C.I.F.P A Xunqueira de Pontevedra.

O IES Chapela no LIGAMATS

Na tarde do día 6 de abril dous equipos de 1º e 2º ESO do noso instituto, participaron na LIGAMATS, unha liga entre equipos de distintos centros que ten por obxecto resolver problemas, xogos, e diferentes actividades matemáticas relacionadas cos talleres da exposición Imatxina. Nesta 1ª Fase do concurso estiveron por 1º ESO: Natalia González, Iván Nieves, Samuel Míguez e Iván González. Por 2º ESO: Manuel González, Fernando Covelo, Kevin Martínez e Pablo Couto. O noso alumnado valorou as probas realizadas como difíciles, mais ao parecer atinaron coas solucións. Moitas grazas por representarnos.  

XIV Edición IMATXINA - Outra forma de aprender matemáticas

O 5 de abril o noso alumnado de 1º ESO participou nos obradoiros matemáticos que organiza a Fundación Rosalía de Castro co asesoramento pedagóxico de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas). Os corenta e sete alumnos e alumnas participantes, divididos en grupos de aproximadamente quince persoas, pasaron dúas entretidas horas rompéndose un pouco a cabeza, desfrutando doutro xeito de entender as matemáticas, e interactuando con alumnado doutro instituto participante. Ilusións ópticas, calculadora, resolución de problemas, xogos de probabilidade e azar, espellos, xogos de estratexia, construcións co cubo Soma, pentacubos, pentaminós, hexamantes e tangrams... Toda unha chea de actividades nas que foron guiados por amables monitoras e monitores. Unha forma diferente de aprender matemáticas.

Novidades Biblioteca - Marzo/Abril 2018

Distribuir contido