Escoitar, Aprender e Compartir

Actividades para a mocidade - #Outonoxove

Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición de #OutonoXove, un programa de educación non formal con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante os fins de semana de novembro e decembro nos albergues xuvenís de Galicia.

Unha das actividades incluídas será o programa “O NAUFRAXIO” no Albergue Xuvenil de As Sinas en Vilanova de Arousa.

Nesta actividade, organizada por Marexada, as persoas asistentes serán os/as náufragos/as dun barco de pesca transoceánico que afunde preto da costa das Sinas. Estando alí observarán un refuxio ao que acudirán rapidamente. No lugar atoparán a 3 náufragos/as doutro barco que chegou tempo atrás (equipo técnico). Estes últimos compartirán con eles certos coñecementos da zona (especies animais e vexetais comestibles, potenciais perigos, detección de recursos vitais etc...).

Ofértanse un máximo de 20 prazas en total para este programa. As actividades comezarán a partir do 11 de novembro e o prazo xa está aberto.

Para inscribirse deberá cubrirse o seguinte formulario segundo o grupo de idade ao que pertenzan e as prazas asignaranse por estrita orde de chegada:

Formulario de 14 a 17 anos
http://xuventude.xunta.es/formularios/formulario-de-solicitude-outono-xove-2022-programas-de-14-a-17-anos

Formulario de 18 a 30 anos
http://xuventude.xunta.es/formularios/formulario-de-solicitude-outono-xove-2022-programas-de-18-a-30-anos

Actividades para a mocidade - #Outonoxove

Folga de estudantes - 27 de outubro

O alumnado do IES de Chapela, acolléndose ao seu dereito de reunión e tras o acordo alcanzado na Xunta de delegados e delegadas celebrada no centro o 18 de outubro, decidiu sumarse á decisión colectiva de non asistencia á clase o próximo 27 de outubro, secundando a folga convocada polo Sindicato de Estudantes para reclamar medidas para "protexer a nosa saúde mental e defender a educación pública".

Na seguinte circular informativa pódese consultar toda a información relacionada co procedemento a seguir polo alumnado, tanto aquel que secunde a folga como o que decide asistir con normalidade a clase.

Contos de medo

Contos de medo

 

Reunión da ANPA sobre a excursión de 4º ESO e 1º Bacharelato

A ANPA Penisal do IES Chapela convoca aos seus socios e socias (pais/nais/alumn@s) a unha xuntanza no salón de actos do centro o martes 25 de outubro ás 18:30 horas para falar dos medios posibles para que a ANPA poida axudar á recadación dos cartos para a excursión.

 

A circular coa convocatoria e información adicional sobre o pago da cota da ANPA pode consultarse na seguinte ligazón.

 

 

Club de lectura "O berete lector"

Club de lectura Biblioteca

A BIBLIOTECA DO IES DE CHAPELA PON EN MARCHA

O CLUB DE LECTURA 

Club de lectura 22 23
  

O martes 29 de novembro ás 15:30 faremos a primeira xuntanza co libro Corredora de María Reimóndez

Corredora

Novo cheque para material escolar

A partir de hoxe estarán dispoñibles en Conserxería os novos cheques para material escolar (25 €).

Deberá recollelos a mesma persoa que SOLICITOU a axuda para material escolar no seu momento. En caso de non poder asistir, outra persoa poderá recollelo por medio dunha autorización firmada.

Os segredos da enxeñaría de camiños, ao descuberto

Fonte: Consello da Cultura GalegaO alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Chapela participou o pasado 11 de outubro nunha nova cita do proxecto "Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía", organizado polo Consello da Cultura Galega encamiñado a fomentar vocacións científicas entre a mocidade a través de encontros distendidos entre profesionais e alumnado.

A actividade tivo lugar no Museo Meirande (Centro de Interpretación da Batalla de Rande) cun protagonismo indiscutible da icónica ponte que une as dúas beiras da ría de Vigo, xa que no encontro participaron varios profesionais do ámbito da enxeñaría de camiños que compartiron explicaron diversos aspectos relacionados co seu traballo.

A cita espertou un grande interese tanto no alumnado, que entre outras cuestións coñeceu algúns dos segredos da construción e ampliación da ponte de Rande, como en diferentes medios de comunicación.

O departamento de Servizos, en Instagram

O Departamento de Servizos xa está nas redes, podes seguirnos na conta @servizoschapela de Instragram (https://www.instagram.com/servizoschapela/).

Con esta iniciativa tratamos de estar máis preto do alumnado, informando de ofertas de traballo, formacións que poidan ser de interese para a familia profesional e actividades que realicemos ao longo deste curso. Non dubides en seguirnos para estar ao día do que facemos no centro.

Meteoescolas 22-23

 

Durante o curso 21-22 o IES de Chapela participou no Proxecta Meteoescolas, realizando diferentes actividades nas aulas, entre elas a construción dunha caseta de madeira para gardar unha estación meteorolóxica situada no aparcadoiro. Este ano presentamos outro proxecto interdisciplinar moi atraente e estamos á espera da resolución para poñelo en marcha. Mentres, xa está en marcha a medición diaria de temperatura e pluviosidade no centro por parte do alumnado de 1º ESO no primeiro recreo, a introdución dos datos en Meteogalicia e a exposición dos datos no Calendario Metereolóxico situado no vestíbulo de entrada. O noso agradecemento ao profesorado e alumnado implicado.

Inicio da Escola de familias 2022-2023

O IES de Chapela acolle este martes 11 de outubro, desde as 18:45 horas, o acto de presentación da Escola de familias 2022-2023. Esta sesión, organizada pola Escola de familias de Laredo, contará coa participación da coach Patri do Camiño e do psicólogo Daniel Novoa nunha charla titulada "Intelixencia emocional infantil vs. Adolescentes inadaptados e infelices".

A inscrición para a actividade pode realizarse a través da seguinte ligazón:

Inscrición evento: PRESENTACIÓN ESCOLA DE FAMILIAS

 

Distribuir contido