Escoitar, Aprender e Compartir

Benvida

 
EnderezoCamiño do Penisal, 29 - 36320 Chapela (Redondela)
Tfno.: 886 110 610  //  Fax: 886 110 623
e-mail: ies.chapela@edu.xunta.gal
Código de Centro: 36019566

XXVIII Maratón polas Letras Galegas

O venres 31 de maio o IES de Chapela celebrou a XXVIII edición do seu Maratón polas Letras Galegas coa colaboración dos CEIP de Laredo, Igrexa e Alexandre Bóveda. A actividade contou coa participación entusiasta de alumnado, profesorado, persoal non docente, e nais e pais do alumnado dos distintos centros.

A carreira tivo lugar nas inmediacións do CEIP de Laredo e a praia de Arealonga e incluíu unha diversidade de categorías e premios, desde infantil ata os maiores de secundaria.

Como nas edicións anteriores do maratón, o obxectivo desta xornada foi, ademais de gozar dun día de deporte e convivencia, visibilizar e reivindicar o uso da lingua galega. Ademais, este ano o maratón honrou a figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

Pincha aquí aquí para ver a clasificación e fotos das premiadas e premiados.

OS EFECTOS DA PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Dentro das actividades do Programa Meteoescolas, a profesora de Física e Química do IES Chapela Carmen Domínguez, experimentou ante un grupo de alumnado de 4º de ESO o efecto que provoca a presión atmosférica sobre todas as cousas.

Presentamos dous vídeos con cadansúa experiencia: 

Como a presión atmosférica permite introducir e entraer un ovo duro dun balón de destilación: 

Como a presión atmosférica impide que un vaso de auga derrame o seu contido:

Esperamos que vos gusten!

Chegou a primavera ao IES de Chapela

No mes de maio, dentro do proxecto Meteoescolas, o alumnado de 1º EDIN estivo decorando a biblioteca do centro para darlle un ambiente primaveral. Parabéns polo seu traballo e a súa creatividade!

Deixámosvos aquí un vídeo para ver a ambientación.

XXVIII MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS

O venres 31 de maio celebraremos o noso tradicional maratón das Letras Galegas na súa XXVIII edición Este curso adicado a LUISA VILLALTA. O IES de Chapela e os CEIPs de Laredo, Igrexa e Angorén con todo o seu alumnado e profesorado correremos para celebrar o Día das Letras Galegas e reivindicar a importancia da nosa lingua. O percorrido este ano discurre pola zona do CEIP  de Laredo e a praia de Arealonga. Podes consultar o percorrido pinchando na seguinte ligazón: 

https://www.canva.com/design/DAGGgTOQ0PM/pTq68A0QaJriCb7yo6yo5g/watch

 

IV TORNEO DE XADREZ

O ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO DA ESO PARTICIPOU HOXE VENRES 24 DE MAIO NO IV TORNEO DE XADREZ QUE ORGANIZA CON GRANDE ÉXITO O PROFESOR DO IES PEDRO FLORIANI MIGUEL ÁNGEL VIDAL EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE REDONDELA E A FEDERACIÓN DE XADREZ. NESTA XORNADA O ALUMNADO DE TODOS OS CENTROS DE SECUNDARIA E PRIMARIA DO CONCELLO COMPARTIU A SÚA AFECCIÓN POLO XADREZ, SENDO O DE MENOS OS RESULTADOS DAS PARTIDAS DA COMPETICIÓN E O MELLOR, A CONVIVENCIA ENTRE TODOS E TODAS. PARABÉNS!!

 
   

Axudas material escolar - Curso 24-25

O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, si que poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 60 € ou 75 €, dependendo da renda per cápita familiar) cando reúna os requisitos establecidos na Orde do 7 de maio de 2024.

 

O prazo de solicitude é do 21 de maio do 2024 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos. 

 

Información resumida da Orde do 7 de maio de 2024 - IES de Chapela

 

Orde do 7 de maio de 2024 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar      

 

Enlace con máis información á paxina da consellería

 

Enlace á aplicación para descargar os formularios

 

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

Despedida de Avelino

Hoxe, 20 de maio, despedímonos con moita gratitude e cariño do noso compañeiro Avelino Seoane Arjones, que deixa o centro tras máis de dous anos e medio de traballo incansable como conserxe. Durante este tempo, foi unha peza fundamental do noso instituto, sempre disposto a axudar e a facer que todo funcionase o mellor posible. A súa dedicación e a súa amabilidade deixan unha pegada profunda en nós.

Grazas polo teu labor, Avelino! Botaremos de menos a túa presenza diaria. Agardamos que esta nova etapa que comezas fóra do noso centro estea para ti chea de momentos tan fermosos como os que ti nos regalaches no IES de Chapela!   

Presentación do informe "Xuventude e Internet en Galicia"

O salón de actos da delegación da Xunta de Galicia en Vigo acolle o xoves 23 de maio ás 19.30 horas a presentación do informe "Xuventude e Internet en Galicia", elaborado por IC Media e que contou coa colaboración do IES de Chapela na elaboración de enquisas ao alumnado.

A entrada é de balde, e nesta presentación debullaranse os datos obtidos sobre os hábitos de consumo dixital da mocidade galega.

 

10º TORNEO INTERESCOLAR CLUB BALONCESTO REDONDELA

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! PODEDES ENVIAR A FICHA AO CORREO QUE INDICA OU ENTREGARLLO AOS PROFES DE EF O LUNS 20!

FICHA INSCRIPCIÓN

CARTA PAIS AUTORIZACIÓN

Distribuir contido