8 de Marzo - Folga Xeral Estudantil

Estimadas familias:

                Dirixímonos a vós para comunicar que o día 8 de marzo está convocada polo movemento estudantil unha folga de estudantes contra a violencia machista, a LGTBIfobia e o fascismo. Esta folga afecta a todo o alumnado, salvo aquelas ou aqueles que cursen 1º e 2º ESO. Acolléndose ao dereito de reunión, e celebrando a Xunta de codelegadas/os no IES Chapela en data de 22 de febreiro, o alumnado do Centro sumouse á decisión colectiva de non asistencia a clase.

            O alumnado que apoie a decisión colectiva de non asistencia a clase, non acudirá ao IES Chapela no día sinalado para realizar ningunha actividade. Como en situación de normalidade académica, ningunha alumna ou alumno menor de idade poderá abandonar o IES Chapela sen a autorización pertinente. As faltas de asistencia do alumnado que se sume á decisión colectiva de non asistencia a clase, consideraranse xustificadas. O alumnado que non se sume a esta convocatoria ten o dereito e o deber de asistir ao centro e recibirá clase normalmente. O profesorado proseguirá o desenvolvemento normal da materia. En ningún caso poderán realizarse exames, probas de avaliación ou recollida de traballos nestes días, sempre e cando algún alumno ou alumna do grupo onde se vaian realizar ou entregar, participe na decisión colectiva de non asistencia.

                Todo o alumnado menor de idade que participe desta decisión deberá contar cunha autorización da nai, pai ou titor-a cubrindo un modelo que poderá recoller en conserxería e que entregará á persoa titora.

                Sen outro particular reciba un cordial saúdo.

Chapela, a 22 de febreiro de 2022

A DIRECCIÓN