Escoitar, Aprender e Compartir

Día de Rosalía

Entroido 2021

Chegou o Entroido 2021 ao IES de Chapela. Viña temeroso de non ser ben recibido. Non foi así. A nosa comunidade educativa foi capaz de elevarse por riba da pandemia grazas á felicidade das persoas que a forman. Alumnado, persoal non docente e profesorado, non renunciaron á alegría de existir, de reexistir e de resistir. Quizais o venres 12 regalámonos entre todas e todos o mellor momento dos últimos meses, e o pulo para chegar a un final de curso que comeza a albiscarse. A quen non lle sobe a adrenalina pensando nos chimpos que as máis pequenas e pequenos do centro deron con bravura na súa exhibición? Tampouco en modular se quedaron cortos. Con Óscar Ernesto Napoleón ao mando dos pratos, alumnado e profesorado bailaron ata que chegou a noite e o toque de queda. Mágoa non poder continuar.

Máis abaixo tedes vídeos dos mellores momentos do Entroido en diúrno. Os do alumnado de ESO poderá consultalo cada grupo no seu respectivo curso de Titoría da Aula Virtual. Tamén axuntamos unha pequena selección de fotos.

Grazas a Adrián por conducir a velada de xeito tan extraordinario, Gayoso xa ve perigar o seu posto no Luar. Grazas a Carlos e a Óscar por andar pendentes do son e da música mentres todo o mundo desfrutaba. Grazas a Diego e a Chus por inmortalizar os momentos con vídeos e fotos. Grazas ao profesorado e persoal non docente que soubo acompañar. Grazas ao alumnado por compartir e sacar o mellor de si nos momentos que atravesamos. Grazas a Olga por inventarse esta celebración tan necesaria. Grazas a todas.

 

  PRESENTACIÓN

 FOTOGRAFÍAS

 

 2º BACH A

 2º BACH B 

 2º APSD A

2º APSD B 

    2º EDIN

PROFESORADO 

 

Taller de relaxación - Farmacia - 1º e 2º ESO

A semana pasada levouse a cabo no IES de Chapela un taller de relaxación no que alumnado do Ciclo de Farmacia fixo de monitoras e monitores co alumnado de 1º e 2º ESO. Un excelente exemplo de colaboración entre a FP e a ESO do que o profesor Víctor Sixto nos manda estas fotos e un pequeno vídeo. Grazas.    

Móvete con APSD

 

 

O alumnado de APSD quere recordar que para despexar a mente hai que activar o corpo, e moverse un pouquiño entre clase e clase ten moitos beneficios, un deles é pasalo ben. Esperemos que vos guste e bailedes con nós!

Entroido 2021

Chega o meco e as súas ordes ao IES de Chapela

 

Videoconferencias Programa A Ponte

 
     

 

O pasado 15 de xaneiro contamos coa colaboración de Don Juan Jesús Gestal Otero, Profesor emérito de Medicina Preventiva e saúde pública. Director da Cátedra de Hidroloxía Médica USC - Balnearios de Galicia. Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu por videoconferencia a Charla A pandemia de COVID19. Que aprendemos? Que nos agarda? O 1 de febreiro contamos ca colaboración de Alberto Coelho Cotón, profesor de Química orgánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, a charla  Historia dunha pandemia: leccións por aprender. Ambas as dúas foron concedidas a través do Programa A PONTE, un programa da USC que pretende achegar a universidade aos centros e ensino medio de Galicia. Participou o alumnado de 1º de Bacharelato e o alumnado de todos os ciclos formativos da familia profesional de Servizos a Comunidade e Sanitaria, coordinados desde o Departamento de Orientación. Grazas a todas e todos por participar!

Xornada Virtual de Portas Abertas - Xoves 4 de febreiro - 18:00

AP9 e IES de Chapela: 30 anos de agresión acústica

Logo de 30 anos de historia do IES de Chapela, a súa banda sonora continúa a ser a mesma. A dunha autoestrada AP9 na que se seguen incumprindo todas as normativas de protección acústica para a poboación. Nin as administracións públicas, nin por suposto a propia empresa AUDASA, parecen preocuparse de xeracións de mozas e mozos que pasan polas nosas aula curso tras curso soportando un ruído enxordecedor, este ano agravado por ter que manter as ventás abertas para facilitar unha ventilación que nos protexa do contaxio do coronavirus. Aquí están, rapaces e rapazas en 3º ESO A, agardando que o Goberno español, a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, obriguen a AUDASA a colocar na autoestrada unhas pantallas acústicas que a empresa se comprometeu a instalar. Mentres tanto as veciñas e veciños de Chapela seguen a pagar unha peaxe bochornosa que engorda o peto duns poucos e poucas para mal de moitos e moitas. Pantallas acústicas xa para Chapela e Teis!

Novidades Lectura - Febreiro

Peche do centro ás 22:00

Prezado alumnado


A partir de mañá martes 26 de xaneiro, e seguindo indicacións de Inspección Educativa, procederase a pechar o centro ás 22:00, hora na que rematará a xornada lectiva para todos os cursos da FP en réxime modular. Os minutos que se perdan de docencia deberán ser recuperados con actividades ou tarefas a través da Aula Virtual ou de calquera outro medio que cada profesora ou profesor considere apropiado. Con esta medida, que estará en vigor ata nova orde, téntase unha maior adecuación do noso horario ao toque de queda, ademais de favorecer as accións que se están a implementar para frear a expansión de afectadas e afectados pola pandemia. Volvemos a facer un chamamento a extremar as precaucións, respectar as normas de prevención e ser escrupulosas e escrupulosos no seu cumprimento. Recibide un saúdo cordial e moito ánimo.

A dirección

Distribuir contido