O IES de Chapela recorre á OMS para reivindicar as pantallas acústicas da AP9

         

 

 

 

 

O IES de Chapela recorre á Organización Mundial da Saúde (OMS) para denunciar a situación na que vive como centro desde hai 30 anos. Coa autoestrada AP9 a escasos metros do seu edificio debe soportar o enxordecedor ruído do continuo paso de vehículos á espera de que a concesionaria AUDASA e as administracións políticas, decidan dunha vez por todas colocar unhas pantallas acústicas que as parroquias de Chapela, Trasmañó e Teis, veñen reivindicando durante tres décadas. A profesora de inglés, Teresa Da Cuña, traballou nun texto en inglés que xa está en mans do organismo da Organización das Nacións Unidas especializado en xestionar políticas de prevención, promoción e intervención a nivel mundial en saúde. O escrito foi dirixido á doutora Dorota Jarosińska, quen traballa no Centro Europeo da OMS para o Medio ambiente e Saúde en Bonn, liderando un programa sobre exposicións e riscos ambientais cunha carteira diversa que abarca temas ambientais relevantes para a saúde como a contaminación do aire, a seguridade nos produtos químicos ou o ruído.

Escrito enviado a OMS.