Matemáticas

Tarefas matemáticas académicas 4º ESO: semana 1

16/03/2020 13:12
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas para 4º de ESO para a semana do 16 ao 20 de marzo están colgadas na aula virtual, na sección denominada "Trabajo en casa por coronavirus".

No ficheiro adxunto pódense consultar os detalles de cada unha das tarefas.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

Tarefas matemáticas 2º ESO: semana 1

16/03/2020 13:08
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas para 2º de ESO para a semana do 16 ao 20 de marzo están colgadas na plataforma EVA-Edixgal, na sección denominada "Trabajo en casa por coronavirus".

No ficheiro adxunto pódense consultar os detalles de cada unha das tarefas.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

Tarefas matemáticas académicas 3º ESO: semana 1

16/03/2020 10:05
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas de 3º de ESO para a semana do 16 ao 20 de marzo están colgadas na aula virtual do centro, na sección "6. Sistemas de ecuaciones".

Para as actividades que teñades que facer no caderno, habilitarei cada día tarefas para que podades subir imaxes escaneadas ou fotografías dos exercicios se queredes que os revise.

Os prazos da segunda tarefa do libro de lectura e do reforzo de ecuacións ampliáronse ata o 6 de abril. Respecto ao reforzo de ecuacións podedes subir un documento escaneado ou con fotografías do voso traballo nunha sección habilitada na aula virtual para que o poda revisar.

Podedes consultar as vosas dúbidas a través do Foro de dúbidas que se atopa na parte superior da aula virtual ou a través da mensaxería do Moodle.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

Tarefas matemáticas 1º ESO: semana 1

16/03/2020
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas para 1º de ESO para a semana do 16 ao 20 de marzo están colgadas na plataforma EVA/Edixgal, na sección "7. Iniciación al álgebra. Ecuaciones".

As tarefas tamén están indicadas na Axenda da aula virtual.

Para as actividades que teñades que facer no caderno, habilitarei cada día tarefas para que podades subir imaxes escaneadas ou fotografías dos exercicios se queredes que os revise.

Por outra banda, os que non entregárades a ficha de reforzo de proporcionalidade o venres pasado, podedes facelo a través dunha tarefa que está dispoñible na sección "6. Proporcionalidad y porcentajes". Esta tarefa estará aberta durante esta semana.

Podedes consultar as vosas dúbidas a través do Foro de dúbidas que se atopa na sección "Xeral" ou a través da mensaxería.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

TRATAMENTO DE DATOS TOMADOS NA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Desde o departamento de matemáticas partimos dos datos tomados pola estación meteorolóxica do noso CPI no mes de marzo e mes de abril do 2019. O noso obxectivo é representar o histograma de frecuencias absolutas, así como o cálculo de parámetros de centralización e dispersión da variable. 

 

IX SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO

 

Organizado pola Asociación Escola Rosalía de Castro, coa asesoría pedagóxica da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e o patrocinio de Fundación Barrié de la Maza, La Caixa e Concello de Vigo  celebrouse en Vigo a IX SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO. Nesta semana, celebrada a primeiros de maio, o alumnado de distintos centros de Vigo e bisbarra visitou os Obradoiros Matemáticos e a Exposición de Papiroflexia.

A Ligamats é unha liga entre equipos de Centros Educativos na que se resolven problemas, xogos e actividades relacionados coas matemáticas (Pentaminós, Tangrams...).

O mércores 15 de maio tivo lugar a entrega de Premios e Acto de Clausura.
Nela celebrouse o do Día da Matemática.: "As matemáticas e a auga" e disfrutamos dun espectáculo de maxia matemática "Matemáticas nos trucos de maxia" – Pedro Alegría.

Aquí tedes unhas fotos dos alumnos do noso centro que participaron nestas xornadas tan especiais.

Triángulo de Sierpinski

 

Os alumnos de 3ºESO elaboraron un proxecto con máis de 3000 latas de refresco estudando o tema de sucesións e progresións.

Unha mostra dese traballo está pegado na parede do colexio...

 

 

 

Sorry, flash is not available.

VI Concurso de Fotografía Matemática

O día 2 de maio emitiuse o fallo do VI Concurso de Fotografía Matemática, este ano sobre o tema MATEMÁTICAS E O BOSQUE. A fotografía gañadora é a titulada: "Fibonacci y los fractales se perdieron en el bosque", de Nuria Fernández Fernández de 2ºESO. O segundo premio foi para a fotografía "Cada año, una circunferencia", de Ángela Taboada González de 3º ESO; e o terceiro premio é para "Recta rocosa", de Eva Domínguez Misa de 4º ESO.


Podedes ver todas as fotografías no seguinte enlace: VI Concurso de fotografía matemática


Felicidades ás gañadoras e moitas grazas a todos os participantes.

Departamento de Matemáticas

Os membros do departamento de Matemáticas dámosvos a benvida a este espazo.

Pretendemos axudar aos nosos alumnos na adquisición das competencias básicas, entendendo como tales a capacidade de poñer en práctica de forma íntegra, en contextos e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as aptitudes persoais adquiridas.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031