Quérote+

Coordinador: Luis Fernández

QUÉROTE MÁIS: DIVERSIDADE SEXUAL

Inda que o curso xa rematou, no CPI Cova Terreña lembrámonos da data de hoxe, 28 de xuño, Día do Orgullo LGTB.

Este curso, dentro do Plan Proxecta Quérote Máis traballamos conceptos relativos a identidade sexual e a orientación do desexo, analizándoos e diferenciándoos coma elementos clave dentro do proceso de sexuación, proceso que pode definirse cun único adxectivo DIVERSOS/AS.

Estes son algúns dos carteis propostos polo alumnado, realizados no mes de maio do 2020.

Feliz Día do Orgullo!!!!

 

 

PRESENTACIÓN DO PLAN PROXECTA QUÉROTE +

 O centro educativo constitúe un dos lugares principais no desenvolvemento do alumnado sendo as aulas un eixe fundamental de actuación ante os conflitos afectivo emocionais. Traballar dende distintas dimensións e realidades así como a dotación de ferramentas de traballo da autoestima e a atención a diversidade fan de este proxecto unha oportunidade única de atención aos cambios e conflitos que supón esta etapa.

O alumnado con idades comprendidas entre os 14 e os 15 anos sitúase nunha etapa da adolescencia na que os seus corpos sofren unha intensa maduración biolóxica, psicolóxica e social. Esta evolución implica un cambio nas súas percepcións instintivo afectivas así coma na súa sexualidade ata alcanzar a madurez reprodutiva. Os cambios nos seus corpos, nas emocións e a forma de aceptar a súa sexualidade poden xerar confusión facendo que sexa unha etapa difícil que, nalgúns casos, pode supoñer a perda de identidade e caer baixo a influencia das esixencias sociais do seu entorno.

Unha comunidade onde os valores de igualdade, tolerancia e liberdade sexan os eixes elementais suporá un avance en tódolos ámbitos da vida adulta. A sexualidade, a identidade de xénero, os conflitos afectivo-sexuais ou a xestión das emocións son unha das liña de acción prioritaria para unha convivencia futura e para a eliminación da violencia machista.

FICHA 1: PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE + AO ALUMNADO

No mes de xaneiro dedicamos una sesión de clase de Bioloxía e Xeoloxía de 3ºESO a presentación do recurso Quérote +, un recurso público de información e asesoramento para a mocidade que pertence á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Os mozos e mozas poden realizar as súas consultas de forma confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote + a través das diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima.

Durante esta primeira sesión o alumnado empregou os ordenadores para facer un achegamento ao proxecto de forma dixital. Consultamos a súa páxina principal http://xuventude.xunta.es e na área de consultas o alumnado realizou unha consulta persoal co obxectivo coñecer un lugar a onde dirixirse no caso de ter dúbidas en algunha destas temáticas.

Alumnado de 3ºESO A facendo a actividade na aula

 Alumnado de 3ºESO B facendo a actividade na aula

Ademais, o alumnado fixo unha reflexión a modo de redacción sobre a importancia que ten para eles a realización de este tipo de proxectos no Centro.

Algúns exemplos das redaccións realizadas polo alumnado

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031