Actividades

Activities

2º ESO A + B

It's time to be responsible and stay at home! We know that you are bored but you should take advantage of the situation and make the most of it! 

There is some work posted in "Aula Virtual". In each folder, you will find the instructions very cleraly but if you have any question or you want me to revise your work, please, DON'T HESITATE to ask. You can write my an email to one of the following addresses: acmparamo@gmail.com // amaside@edu.xunta.es

I am at your disposal whenever you want. Let's do it!!! Take care.

ACTIVIDADES XEOGRAFÍA E HISTORIA 1º ESO

Bos días!

Saúdos a todos, espero que estedes pasando estes días da mellor forma posible,

Para continuar co temario que correspondería, podedes ir mirando o último tema de historia que veremos durante este curso, é dicir, o tema 11: O territorio de España e de Galicia na Antigüidade, e podedes ir facendo tamén as actividades correspondentes.

Un saúdo e moito ánimo!

 

Saída 2º Naturnova

05/02/2020 19:08
Europe/Madrid

Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo, fixemos unha saída didáctica a Vigo para visitar unha exposición en Naturnova. 
Encantóunos descubrir novas experiencias de reciclaxe, contaminacións lumínicas, sonoras... e desfrutar de segredos que a natureza nos ten preparados

Foi fascinante a viaxe que fixemos en submarino, todo un descubremento moi enriquecedor dun fondo mariño que debemos coidar e protexer

Se clikades no enlace poderedes ver una chea de fotos desta fantástica aventura 

 

ACTO DE CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O 30 de Xaneiro, celebramos no noso centro o Día da Paz e da Non Violencia. De todas as conmemoracións que marca o calendario escolar como de obrigada celebración, esta é probablemente a máis importante de todas, xa que unha sociedade en paz é unha sociedade libre e xusta. Desgraciadamente queda aínda moito camiño por percorrer, por iso faise necesaria esta conmemoración. 

O acto comenzou ás 9:40 no salón de actos, onde o alumnado de Educación Infantil asistiu cos "seus sorrisos pola paz" a un pequeno concerto a cargo do noso coro e conxunto instrumental dirixidos por D.David Piñeiro.

 

A continuación, Inés Rey e Miriam Iglesias, representantes do alumnado no Consello Escolar, leron para todo o alumnado de Educación Secundaria un precioso manifesto pola paz,  redactado por elas mesmas. De seguido, Sergio Piñeiro, membro da directiva da ANPA, deu lectura ao fallo do xurado do XVI Certame Literario Dolores Agrelo. A primeira parte desta celebración rematou coa actuación do coro e conxunto instrumental.

Ás 11:30, a Directora do centro, Dona Isabel Martínez Cabaleiro, xunto coa directiva da ANPA e o coro, trasladáronse ata o CEIP de Fontes-Baiña para dar lectura ao gañadores e gañadoras de 5º e 6º de Educación Primaria do concurso literario e finalizar cun concerto a cargo do coro do centro, esta vez acompañados polo profesorado David Gayoso ao cello e Ana Mª Fernández Valiño ao violín.

 

Os premios entregados pola ANPA aos gañadores e gañadoras foron vales de material escolar para gastar nas librarías do pobo por valor de 40€, 50€ e 60€, 3º, 2º e 1º premio respectivamente, para cada unha das categorías convocadas.

Queremos agradecer a colaboración e entrega de toda a comunidade educativa na celebración deste acto, en especial ao alumnado do coro e conxunto instrumental polo seu bo traballo e adicación.

Visita do Apalpador, Papa Noel e agasallos da ANPA en Cova

O Apalpador e Papa Noel visitaron ao alumnado no CPI de Cova Terreña acompañados da elfa da ANPA.

Os nosos convidados viñeron cargados de agasallos para todo o alumnado: piruletas para todos e un agasallo para a aula, e tamén para os recreos da ESO!

Os máis pequenos recibiron emocionados a visita dos nosos ilustres convidados.

O alumnado da ESO desfrutaron dunha ginkana na que había que contar con distintas destrezas.

Un gran día para rematar o trimestre!!

Nota: Podedes ver máis imaxes da xornada nos ficheiros adxuntos.

Visita do apalpador e agasallos da ANPA en Cova

O apalpador e Papa Noel visitaron ao alumnado no CPI de Cova Terreña acompañados da elfa da ANPA.

Os nosos convidados viñeron cargados de agasallos para todo o alumnado: piruletas para todos e un agasallo para a aula, e tamén para os recreos da ESO!

Os máis pequenos recibiron emocionados a visita dos nosos ilustres convidados.

O alumnado da ESO desfrutaron dunha ginkana na que había que contar con distintas destrezas.

Un gran día para rematar o trimestre!!

Nnota: Podedes ver máis imaxes da xornada nos ficheiros adxuntos.

Visita Especial

 

O pasado xoves ,fumos convidados a participar dunha charla moi interesante e educativa xunto cos compañeiros de Fontes Baíña sobre a discapacidade.

Neste caso tratábase da discapacidade visual e ata o Centro viñeron dúas rapazas acompañadas da súa perra guía

Aprendimos moitas cousas e nos dimos conta, grazas a súa experiencia diaria, de que aínda nos queda un longo camiño por percorrer 

Chocolatada a cargo da ANPA

A ANPA organizou unha chocolatada o mércores 30 de outubro para todo o alumnado do centro e tamén para o alumnado do CEIP de Fontes-Baíña, agradecendo así a boa acollida brindada ao noso alumnado.

A directiva da ANPA e coa axuda dos colaboradores e colaboradoras, incluída a ANPA do CEIP Fontes-Baíña, formaron un gran equipo que foi quen de servir chocolate quente a máis de 750persoas no edificio de Ed.Infantil, no edificio principal do CPI de Cova Terreña e no CEIP de Fontes-Baíña.

Moitas grazas en nome de tod@s.

Celebración do Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día internacional da Non violencia e da Paz conxuntamente no pavillón escolar.

O equipo de mediadores colaborou no traslado do alumnado de Ed.Infantil e 1º e 2º Ed.Primaria asemade na lectura dos Dereitos do Neno e dos Dereitos Humanos.

O noso mestre de ceremonias, Víctor Moreira, presentou o acto que tivo 3 partes:

  • Entrega dos premios do certame literario Dolores Agrelo por parte da ANPA, organizadora do certame.
  • Lectura e presentación dos "globos" dos dereitos do Neno e Humanos.
  • Actuación do coro e conxunto instrumetal do centro baixo a dirección de Don David Piñeiro, coreados por todo o alumnado do centro.

Acto de Graduación 6ºEd.Infantil

O alumnado de 6ºEd.Infantil organizou un festival para os seus familiares e compañeiros e compañeiras de nivel para despedir o seu paso pola etapa o venres 16 de xuño para desfrutar, a continuación, dunha merenda conxunta.

 

As familias que o desexen poden solicitar a gravación do acto. Noraboa a tod@s!!

Gustavo López, gañador do Certame Literario sobre protección de datos

Gustavo López Leyenda, alumno de 4º de ESO do centro, resultou gañador de toda Galicia do I Concurso Literario Infantil sobre protección de datos organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

O acto de entrega de premios tivo lugar no centro coa presenza do secretario do CPEIG Don Juan José González Cid, a Concelleira de Benestar Dona Carmen Paredes Cabral, a directora do centro e profesora do alumno Dona Isabel Martínez Cabaleiro, membros do Claustro, compañeiros e familiares do alumno que recibiu unha tablet e o centro un kit de robótica.

Noticia en Telemariñas

Noticia en ValMiñor TV

Sesión de Primeiros Auxilios co alumnado de Ed.Infantil

O alumnado de 5º de Ed.Infantil disfrutou dunha sesión formativa sobre os Primeiros Auxilios coa colaboración das familias, cunha parte práctica moi divertida!!

Finalmente sumouse tamén o aulario que comparte planta.

Moitas grazas pola colaboración!!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2012-2013

PINTURA: LUNS 18-19,30H. LUGAR: SALÓN DE ACTOS. PROFESORA: CONCHI CUADRADO

INGLES: MARTES, 16,50 h. Lugar: GIMNASIO. PROFESORA; YHASMINA

BAILE MODERNO: MARTES Y JUEVES, 15,50 h. Profesoras: FANNY, DIANA

NATACION: PISCINA DE RAMALLOSA

TEATRO: JUEVES 16,50 H, lUGAR: GIMNASIO. PROFESORA CALIMA

Vídeo do xuiz de menores Emilio Calatayud

Neste vídeo fálase sobre o cambio da educación nos últimos 30 anos, é moi interesante a reflexión que fai este xuiz de menores.


Clica

Relatorio " A relevancia das familias no proceso de ensino aprendizaxe"

Relatorio impartido por Teresa Domínguez, profesora da universidade de Vigo, directora do CRA Mestre Clara Torres de Tui, e coñecedora e especialista en temas de familia e adolescencia.

Se queres ver os documentos presentados no relatorio clica.

Queremos agradecer a súa xenerosidade, e as súas aportacións para a relación tan fundamental entre estes dous piares da educación, as familias e o centro educativo.

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares ofertadas polo concello curso 2010-11(clica)

Actividades extraescolares ofertadas pola ANPA (clica)

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031