ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA


  A Asamblea Xeral da ONU proclamou o 2011 como Ano Internacional da Química para concienciar ó público sobre as contribucións desa ciencia ó benestar da humanidade.


O 2011 coincide co centenario do Premio Nobel outorgado a Marie Curie polos seus aportes á química e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. Esta conmemoración pretende mostrar a contribución da química como ciencia creativa esencial para mellorar a sostenibilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da humanidade, como a alimentación, a auga, a saude, a enerxía ou o transporte. É indudable que a Química desempeña un papel moi importante no desenrrolo de fontes alternativas de enerxía e no sostemento dos recursos naturais.


            No Departamento de Física e Química trataremos de celebrar este acontecemento con algunha actividade “un pouco especial”. Estade atentos pois se vos comunicará mais adiante calquer evento conmemorativo……..

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031