Proxecto " 20 segundos "

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Cova Terreña, sensibilizado coa situación que estamos vivindo, deseñamos un proxecto chamado

                        “ 20 segundos ”.

 

Vinte segundos é o tempo estipulado para unha boa hixiene de mans.

Atendendo a esa medida sanitaria, alumnado do centro seleccionou poemas na nosa lingua que puideran ser recitados nese período de tempo. Con eles, e ilustrándoos, elaboraron CARTEIS para colocar nos sitios onde hixienizamos as mans.

Para a realización deste fermoso traballo contamos coa colaboración de importantes autores e autoras entre os que destacamos a María Canosa, a Clara López e a Antonio García Teijeiro pola súa implicación e agarimo. Versos de poemarios como  Vagalume de versos, Os Días lebre, Vento, ventiño, venteiro ou Poemar o Mar, xa forman parte dos carteis. 

Consideramos que este proxecto, que vincula a poesía na nosa lingua e as emocións que transmite, coa responsabilidade de cumprir coas normas sanitarias, poderiamolo compartir cos demais.

Decidimos enviar varios exemplares dos carteis elaborados a distintos sitios da vila: centro de saúde, concello, biblioteca, colexios da contorna, hostalaría ... para que máis persoas puidesen gozar do traballo realizado por alumnos e alumnas do noso centro.

 Os carteis tamén se poden descargar dende esta páxina. Subiremos máis exemplos en vindeiros días.

 

 Parabéns aos e ás artistas!

AdxuntoTamaño
A lúa A.G.T..pdf817.8 KB
Cartel a lúa A.G.T..pdf415.35 KB
lúa e sol 1 María Canosa.pdf667.83 KB
Lúa sol María Canosa.pdf1.8 MB
Meniño A.G.T..pdf650.96 KB
o mar A.G.T..pdf394.94 KB
Paxariña A.G.T..pdf491.22 KB
Porta María Canosa.pdf523.27 KB
Sentimento Clara López.pdf509.57 KB
Venres Clara López.pdf587 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30