O alumnado de 5ºEd.Primaria estrea a nova dotación E-Dixgal

O alumnado do centro de 5ºEd.Primaria estrea a nova dotación de miniportátiles Lenovo ThinkPad recibida da Consellería de Educación, Universidade e FP nas novas aulas asignadas.

O alumnado está situado na planta baixa, preto da súa entrada ao centro pola porta nº6 dende o patio escolar. Estas aulas foron renovadas sendo dotadas con tarima, novas estanterías e agora, dentro da reforma integral do centro, con iluminación led e novas ventanas, buscando a mellor ubicación do alumnado segundo as súas características.

A nova dotación de miniportátiles recibida no centro foi destinada ao alumnado de 5ºEd.Primaria quen a empregará durante os próximos cursos escolares, ata 2ºESO, tras asinar o contrato de cesión entre as familias e a Consellería.

O centro informou ás familias sobre o seguro voluntario que poden contratar por se o equipo sufrise danos non atribuíbles ao seu uso cotián.

 

 

AdxuntoTamaño
Edixgal_NovaDotacion_1.jpeg307.37 KB
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031