Vacantes concurso traslados mestres

Resolución pola que se anuncian as vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados dos mestres. Premer aquí.

Resolución acceso ao corpo de catedráticos

Premer aquí para acceder á orde do 5 de decembro de 2008 pola que se resolve o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario.

Concurso traslados mestres

Orde do 3 de decembro de 2008 pola que se convoca concurso de traslados do corpo de mestres. Premer aquí para acceder a ela.

Concurso traslados secundaria

Orde do 3 de decembro de 2008, publicado no DOG do 5 de decembro de 2008, pola que se convoca concurso de traslados de secundaria. Premer aquí para acceder ao texto.

Especialiades dos corpos docentes do ensino secundario

Premer aquí para acceder ao "REAL DECRETO 1834/2008, de 8 de noviembre, por el que se definen las condiciones de formación para el ejercicio de la docencia en la educación secundaria obligatoria, el bachillerato, la formación profesional y las enseñanzas de régimen especial y se establecen las especialidades de los cuerpos docentes de enseñanza secundaria".

Acceso á Universidade. Procedementos de admisión

"REAL DECRETO 1892/2008, de 14 de noviembre, por el que se regulan las condiciones para el acceso a las enseñanzas universitarias oficiales de grado y los procedimientos de admisión a las universidades públicas españolas": premer aquí para acceder ao contido.

Consello Escolar

Convócase Consello Escolar ordinario para o vindeiro mércores, 10 de decembro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

"Primeiro por primeira vez"

A USC fixo chegar a tódolos centros de ensino secundario de Galicia este documento en *.pdf con toda a información que necesita un alumno que vaia cursar por primeira vez estudos nesta universidade.

logo USC oscuro.gif

Novos éxitos dos deportistas do MGB

O pasado fin de semana Luis Manuel García (2º ESO) acadou o segundo posto no Campionato Galego de Baile de salón.

Por outra parte, os xogadores de bádminton Pablo Sanmartín (1º ESO) e Jose Manuel Padín (2º ESO) serán premiados na Gala do Deporte Galego polas medallas acadadas no campeonato de España 2008 na categoría sub-13. Nesta gala a Consellería de Cultura e Deporte otorga os Premios Nacionais do Deporte Galego.

Parabens aos tres deportistas. 

Teatro Francés

O vindeiro martes 16 de decembro os alumnos/as de Francés acudirán a representación dunha obra de Teatro no Colexio A Salle en Santiago. Sairán ás 10:30 e voltarán ás 13:35 horas.

Visita aos muiños de Ribadumia

O vindeiro xoves 11 de decembro o alumnado de 1º ESO A e C farán unha visita guiada polos muiños de Ribadumia como actividade da asignatura Proxecto Interdisciplinar. Sairán do centro ás 9:30 horas e voltarán ás 14:25

Meteogalicia

O vindeiro martes 9 de decembro os alumnos de 2º Bacharelato B, C e D visitarán Meteogalicia en Santiago. Sairán ás 9:00 e voltarán ás 13:35 horas ao centro

"Eu tamén son climántica", un novo blogue no planeta MGB

Temos un novo blogue no planeta MGB. Dende o departamento de Ciencias Naturais, os profesores Miguel Gil e María José Parcero están a traballar cos seus alumnos de 1º de Bacharelato nun proxecto baseado nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Visitádeo no seguinte enderezo:

Hoxe Dormes? no Teatro Principal da Estrada

Por fin chegou día. Hoxe venres, ás 21:30 horas, no teatro Principal da Estrada, poderemos ver a segunda representación de Dormes?, unha creación do taller de Expresión Artística do MGB dirixido polo profesor Miguel Carbajal.

Despois do éxito acadado na representación de xuño, esperamos volver emocionarnos esta noite con este fantástico espectáculo de danza, música e vídeo.

Chegade puntuais porque esperamos ter un cheo absoluto!

Le a crónica da rolda de prensa de onte na Voz de Galicia.

Dormes_melisa_web.jpg

Conferencia de Gonzalo Moure

O vindeiro venres 21 de novembro na Aula de Usos Múltiples haberá unha conferencia de Don  Gonzalo Moure destinada aos alumnos/as de 3º ESO. Comezará ás 9:00 horas

Distribuir contido