CONTACTO COA NATUREZA
Enviado por Vicedirec. o 2 Maio, 2008 - 13:33A actividade "Contacto coa Natureza" queda finalmente suspendida debido o baixo número de alumnos interesados e por motivos organizativos do centro.
Novo éxito dun alumno do MGB: Baile deportivo e de competición
Enviado por webmaster o 1 Maio, 2008 - 20:40O alumno de 1º de ESO, Manuel García, foi subcampeón galego junior da I edición do Campeonato Galego de Baile Deportivo e de Competición, celebrado en Narón o pasado 20 de abril. Parabéns ao noso alumno e á súa parella de baile, a tamén estradense Alba Martínez. Pódese consultar a nova da prensa pinchando aquí.
PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA
Enviado por Vicedirec. o 28 Abril, 2008 - 14:35O pasado venres 25 de abril celebroúse en Santiago o acto de entrega dos premios á Innovación Educativa na Consellería de Presidencia. A dito acto acudiu ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, onde recibiu o terceiro premio de máns da Conselleira de Educación polo o seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".
VISITA AOS TELLADOS DA CATEDRAL
Enviado por Vicedirec. o 28 Abril, 2008 - 14:25O vindeiro mércores 30 de abril os alumnos de 1º Bacharelato da asignatura de Relixión van visitar os tellados da Catedral de Santiago de Compostela. Sairán do centro ás 9:35 e regresarán ás 14:25 horas.
I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA
Enviado por Vicedirec. o 24 Abril, 2008 - 10:54Os alumnos Alejandro Cabal Tato, Alba Constenla Torrado, Lara Fuentes Enjamio e Paula Leis López (4º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na I Olimpiada Galega de Química organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia que celebrarase na sua fase de zona o venres 25 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer aquí
PERMISOS, LICENZAS, PERSOAL DOCENTE
Enviado por Secret. o 23 Abril, 2008 - 09:15Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente. Para acceder a ela, premer aquí.
PLANS AUTOEVALUACIÓN E MELLORA CALIDADE
Enviado por Secret. o 17 Abril, 2008 - 11:02Convócase a selección e renovación de plans de autoevalución e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2008-2009. Para ver a orde, premer aquí.
CLAUSTRO EXTRAORDINARIO
Enviado por Secret. o 17 Abril, 2008 - 10:37Convócase Claustro extraordinario para o martes 22 de abril de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.
BOLETÍN Nº 4
Enviado por BiblioMGB o 15 Abril, 2008 - 17:47A biblioteca publica o seu Boletín nº 4 onde dá a coñecer as actividades a celebrar o Día do Libro (23 de abril) e as propostas do plan de lectura "Tempo de LEceR".
CONTACTO COA NATUREZA
Enviado por Vicedirec. o 14 Abril, 2008 - 19:48Xa está en marcha o programa "Contacto coa natureza" organizado pola Deputación de Pontevedra para alumnos de 1º Bacharelato. Os alumnos interesados en participar deberán entregar a documentación no centro antes do día 16 de abril. Mais adiante informaráse das datas e da programación de dita actividade.
CAMPAÑA ANTICONTAMINACIÓN ACÚSTICA
Enviado por Vicedirec. o 9 Abril, 2008 - 15:34Os alumnos de 3º ESO dirixidos por Miguel Carbajal comenzaron unha nova campaña de contaminación acústica no centro, basada noutra que fixeran en cursos pasados e que foi tomada como modelo polo MEC para campañas de Educación Ambiental. Consta de medición de datos de todas as dependencias do centro, presentación Powerpoint con todos os datos técnicos, deseño de pegatinas, planos do centro realizados polo profesor Xoán Xosé e os seus alumnos de Plástica. Neste proxecto colaborarán máis profesores do centro os que queremos dar o noso agradecemento.
PREMIO IX CONCURSO DE MÚSICA XIRADELA
Enviado por Vicedirec. o 9 Abril, 2008 - 15:21O cuarteto de música tradicional Retrouso da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande gañou o IX Concurso de música Xiradela, celebrado o domingo en Arteixo (A Coruña). En dita formación están dous alumnos do noso centro Noelia Bouzón (1º Bach) e Alejandro Ayude (3º ESO).
REUNIÓN SISTEMA SIXA (SISTEMA INFORMÁTICO DE XESTIÓN ACADÉMICA)
Enviado por XefeEstudos o 9 Abril, 2008 - 10:27O MEU 1º VOO
Enviado por Vicedirec. o 8 Abril, 2008 - 12:32Avísase do cambio de data da actividade, que realizaráse o vindeiro martes 15 de abril do 2008.
CALENDARIO DE FIN DE CURSO
Enviado por XefeEstudos o 4 Abril, 2008 - 12:04O claustro ven de aprobar o calendario fin de curso. Podes descargalo en formato pdf aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- …
- seguinte ›
- última »
