"Eu tamén son climántica", un novo blogue no planeta MGB

Temos un novo blogue no planeta MGB. Dende o departamento de Ciencias Naturais, os profesores Miguel Gil e María José Parcero están a traballar cos seus alumnos de 1º de Bacharelato nun proxecto baseado nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Visitádeo no seguinte enderezo:

Hoxe Dormes? no Teatro Principal da Estrada

Por fin chegou día. Hoxe venres, ás 21:30 horas, no teatro Principal da Estrada, poderemos ver a segunda representación de Dormes?, unha creación do taller de Expresión Artística do MGB dirixido polo profesor Miguel Carbajal.

Despois do éxito acadado na representación de xuño, esperamos volver emocionarnos esta noite con este fantástico espectáculo de danza, música e vídeo.

Chegade puntuais porque esperamos ter un cheo absoluto!

Le a crónica da rolda de prensa de onte na Voz de Galicia.

Dormes_melisa_web.jpg

Conferencia de Gonzalo Moure

O vindeiro venres 21 de novembro na Aula de Usos Múltiples haberá unha conferencia de Don  Gonzalo Moure destinada aos alumnos/as de 3º ESO. Comezará ás 9:00 horas

Visita a Citroën e o Museo Verbum

O vindeiro martes 25 de novembro os alumnos/as de Tecnoloxía de 4º ESO visitarán en Vigo, Citroën e o Museo Verbum-Casa das Palabras. Sairán ás 8:20  do centro e voltarán ás 14:25 horas.

Participación d@s alumn@s do MGB no "Campo a través"

Este martes 18 de novembro celebrouse no CEIP do Foxo unha proba de "Campo a Través", dentro do programa anual de deporte escolar.

41 alumn@ de 1º e 2º do MGB participaron con notable éxito nesta competición. Pablo Sanmartín, Cristina González e Nerea Sanmatín acadaron a victoria nas probas das categorías infantil masculino, infantil feminino e cadete feminino. Cabe destacar tamén a actuación de Paula Otero e Oscar Durán que conseguiron un terceiro e un quinto posto na categoría infantil.

Queremos felicitalos a todos eles, e facer extensibles esta felicitación a tódolos participantes. Asemade, queremos dar a noraboa a organización da proba e agradecer o trato recibido o grupo de mestres do CEIP do Foxo. Parabens e grazas a tod@s.

Reunión informativa da excursión á neve

Infórmase a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato interesado en participar na excursión á neve que debe asistir á reunión que terá lugar o xoves 20 de novembro no segundo recreo no salón de actos do centro.

Claustro Extraordinario

Convócase Claustro Extraordinario para o vindeiro martes, 25 de novembro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

Atletismo-Campo a través

O vindeiro martes 18 de novembro os alumnos de 1º e 2º  ESO participarán na actividade de Atletismo-Campo a través organizada pola Conselleria de Cultura e Deporte. Sairán ás 9:35 horas e regresarán ao centro ás 14:00

Volta (e media!!!) do Club de Lectores NA Estrada-525.

Poñémonos en marcha outra vez. Velaquí imos...
Se participaches o curso pasado, xa sabes...: vémonos o mércores 12 de novembro ás 16,30 na Biblioteca do IES Manuel García Barros, para unha primeira toma de contacto.
Se es novo, asegúrate antes de que cumpres os requisitos:
  • Ter entre 14 e 90 anos e estar vinculado ao IES Manuel García Barros (ser alumno, pai, nai ou titor legal, persoal non docente ou profesor do centro).
  • Querer compartir as túas lecturas co resto dos membros do club.
  • Asistir ás reunións presenciais (unha ao mes) e escribir no blogue do club: http://naestrada525.blogspot.com.

Recorda que neste club seremos como moito 25 participantes: vai apuntándote!!!. Fala con Mayte, Chelo ou Juana.
Hai outros moitos que poden informarte porque xa coñecen o club: Paulas, Alba, Abel, Raquel, María, Fani...

contaxio_lectores.png

Calendario 1ª Avaliación

As sesións de avaliación correspondentes ao 1ª trimestre serán os días 2, 3 e 4 de decembro. Os boletíns de notas entregaranse o venres 5. Para ver o calendario das sesións preme aquí.

Claustro Extraordinario

Convócase claustro extraordinario para o vindeiro xoves, 13 de novembro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

Calendario eleccións membros Consello Escolar

Resolución do 1 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Para acceder a ela, premer aquí.

Felicitacións para @s deportistas do MGB

Iniciado o novo curso 08/09 @s deportistas do noso IES seguen demostrando a sú valía, acadando moi bos resultados nas súas correspondentes disciplinas deportivas. Desde o departamento de EF do MGB queremos felicital@s e darlles todo o noso ánimo, cunha mención especial para os seguintes:

  • Ana Reino (2º ESO), Nerea Gestoso (2º ESO), Pablo Sanmartín (1º ESO) e Diego Otero (4º ESO), polos resultados acadados nas primeiras probas do Circuito Nacional de Bádminton.
  • Miguel Carbajal (Profesor) polos resultados nas probas nacionais de Raid Hípico.
  • Lara Porto (2º ESO), polos resultados acadados na Reunión Internacional de Taekwondo de Pontevedra.

Non queremos esquecernos tampouco de tod@s aqueles que participan nas distintas competicións de fútbol, baloncesto, atletismo... Disfrutade do voso deporte e moito ánimo para tod@s.

Alumnas do MGB campionas de España de Bádminton

As alumnas do MGB Nerea Gestoso e Ana Reino, de 2º de ESO, acadaron a medalla de ouro nos campionatos de España de Bádminton na categoría sub15.

Noraboa e esperamos máis victorias!

Magosto 08

O vindeiro venres 7 de novembro realizaráse o Magosto no centro. Os alumnos/as deberán traer castañas, xa picadas, e deixalas na conxerxería. Comezará ás 12:25 coa asada das castañas e haberá xogos populares no patio. Tamén a partires da 13:00 horas os que queiran poderán acudir a Biblioteca para escoitar relatos de terror.

Distribuir contido