Convocatoria Claustro Extraordinario

Convócase claustro extraordinario para o vindeiro xoves 22 de maio de 2008.

PROXECTOS INNOVACIÓN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Convocatoria de premios a proxectos de innovación en normalización lingüística para desenvolver no curso 2008-2009.

PROXECTOS INNOVACIÓN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

Convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación para un uso educativo das tecnoloxías da información e comunicación para o curso 2008-2009.

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO

Convocatoria e regulamento do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2008-2009.

VISITA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO

O vindeiro xoves 29 de maio os alumnos de 1º Bacharelato visitarán o Mosteiro de Carboeiro e a zona mineira de Fontao en Vila de Cruces nuha actividade organizada polo Departamento de Historia. Sairán ás 8:45 horas e regresarán ás 14:25 horas

PROXECTO RÍOS

O vindeiro mércores 28 de maio os alumnos de 4º ESO das asignaturas de Bioloxía e Ciencias do Medio Ambiente irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro das actividades programadas no "Proxecto Ríos". Sairán ás 11:35 horas do centro e regresarán ás 14:25 horas.

TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA

O vinderio martes 20 de maio os alumnos de 1º ESO participarán nun "Taller de Animación á Lectura" impartido por dona Victoria Pérez Varela e organizado polo profesor Jesús Tallón do Departamento de Lengua e Literatura Galego. A duración será dunha hora na aula de Usos Múltiples.

ARDE LUCUS

Dentro do proxecto "Dos Mil años por correo" os alumnos irán a Lugo e ás Médulas os días 20 e 21 de Xuño.

PROXECCIÓN DO VÍDEO "ITER SAGUNTINUM"

Hoxe, no 2º recreo, tivo lugar na sala de usos múltiples a proxección do vídeo "Iter Saguntinum", que recolle a viaxe realizada no pasado mes de abril a Sagùnt e Valencia polo grupo de alumnos do MGB pertenente ao proxecto dos "Dos Mil años por correo". Preme en ler máis para ver a película.  

"MERCADILLO/RASTRILLO" PARA A EXCURSIÓN DE 4º DE ESO

A partir da semana que vén, alumnos e alumnas de 4º de ESO colocarán durante os recreos, no corredor de entrada do instituto, un posto "mercadillo/rastrillo" para recaudar fondos para a excursión de 4º. Ide aforrando para mercarlles algo Guiño.

MIRA POR ÉL

Hoxe xoves 8 de maio púxose en marcha  o Programa e campaña divulgativa "Mira por él", promovida pola da Consellería  de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural co fin de mostrar a riqueza do noso Patrimonio cultural galego. Dito Programa está destinado para os alumnos de 1º ESO e 4º ESO e ten unha semana de duración.

CONFERENCIA CAMBIO CLIMÁTICO

Hoxe mércores 7 de maio os alumnos de 4º ESO, das asignaturas de Bioloxía e de Ciencias do Medioambiente  e os alumnos de 3º ESO do PDC visitaron a exposición "Cambio climático"  no teatro Principal da Estrada.

Un alumno do MGB vencedor nunha carreira ciclista

O alumno do MGB Óscar González ven de gañar a carreira ciclista do "Trofeo Vila de Padrón", demostrando así que a caída sufrida na primeira proba da temporada non foi más que un pequeno contratempo. Esperamos que non sexa esta a única vez que cruce a meta en primeiro lugar.
prensa_oscar_gonzalez_BIS.jpg

ÉXITO NA I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA

O alumno de 4º ESO Alejandro Cabal Tato clasifícase brillantemente na terceira posición para a fase final, sendo o primer alumno clasificado dun centro público. A alumna Paula Leis López tamén quedou clasificada para a fase final. Para máis información premer aquí

miniquimica_bis.jpg

COMISIÓN PEDAGÓXICA

Convócase á Comisión de Coordinación Pedagóxica, para o mércores 14 de maio de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.

Distribuir contido