ARDE LUCUS
Enviado por Vicedirec. o 13 Maio, 2008 - 12:10Dentro do proxecto "Dos Mil años por correo" os alumnos irán a Lugo e ás Médulas os días 20 e 21 de Xuño.
PROXECCIÓN DO VÍDEO "ITER SAGUNTINUM"
Enviado por webmaster o 9 Maio, 2008 - 17:39Hoxe, no 2º recreo, tivo lugar na sala de usos múltiples a proxección do vídeo "Iter Saguntinum", que recolle a viaxe realizada no pasado mes de abril a Sagùnt e Valencia polo grupo de alumnos do MGB pertenente ao proxecto dos "Dos Mil años por correo". Preme en ler máis para ver a película.
"MERCADILLO/RASTRILLO" PARA A EXCURSIÓN DE 4º DE ESO
Enviado por webmaster o 9 Maio, 2008 - 11:57A partir da semana que vén, alumnos e alumnas de 4º de ESO colocarán durante os recreos, no corredor de entrada do instituto, un posto "mercadillo/rastrillo" para recaudar fondos para a excursión de 4º. Ide aforrando para mercarlles algo .
MIRA POR ÉL
Enviado por Vicedirec. o 8 Maio, 2008 - 15:52Hoxe xoves 8 de maio púxose en marcha o Programa e campaña divulgativa "Mira por él", promovida pola da Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural co fin de mostrar a riqueza do noso Patrimonio cultural galego. Dito Programa está destinado para os alumnos de 1º ESO e 4º ESO e ten unha semana de duración.
CONFERENCIA CAMBIO CLIMÁTICO
Enviado por Vicedirec. o 7 Maio, 2008 - 19:28Hoxe mércores 7 de maio os alumnos de 4º ESO, das asignaturas de Bioloxía e de Ciencias do Medioambiente e os alumnos de 3º ESO do PDC visitaron a exposición "Cambio climático" no teatro Principal da Estrada.
Un alumno do MGB vencedor nunha carreira ciclista
Enviado por webmaster o 7 Maio, 2008 - 12:34ÉXITO NA I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA
Enviado por Vicedirec. o 6 Maio, 2008 - 10:58O alumno de 4º ESO Alejandro Cabal Tato clasifícase brillantemente na terceira posición para a fase final, sendo o primer alumno clasificado dun centro público. A alumna Paula Leis López tamén quedou clasificada para a fase final. Para máis información premer aquí
COMISIÓN PEDAGÓXICA
Enviado por Secret. o 5 Maio, 2008 - 12:54Convócase á Comisión de Coordinación Pedagóxica, para o mércores 14 de maio de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.
CONTACTO COA NATUREZA
Enviado por Vicedirec. o 2 Maio, 2008 - 13:33A actividade "Contacto coa Natureza" queda finalmente suspendida debido o baixo número de alumnos interesados e por motivos organizativos do centro.
Novo éxito dun alumno do MGB: Baile deportivo e de competición
Enviado por webmaster o 1 Maio, 2008 - 20:40O alumno de 1º de ESO, Manuel García, foi subcampeón galego junior da I edición do Campeonato Galego de Baile Deportivo e de Competición, celebrado en Narón o pasado 20 de abril. Parabéns ao noso alumno e á súa parella de baile, a tamén estradense Alba Martínez. Pódese consultar a nova da prensa pinchando aquí.
PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA
Enviado por Vicedirec. o 28 Abril, 2008 - 14:35O pasado venres 25 de abril celebroúse en Santiago o acto de entrega dos premios á Innovación Educativa na Consellería de Presidencia. A dito acto acudiu ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, onde recibiu o terceiro premio de máns da Conselleira de Educación polo o seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".
VISITA AOS TELLADOS DA CATEDRAL
Enviado por Vicedirec. o 28 Abril, 2008 - 14:25O vindeiro mércores 30 de abril os alumnos de 1º Bacharelato da asignatura de Relixión van visitar os tellados da Catedral de Santiago de Compostela. Sairán do centro ás 9:35 e regresarán ás 14:25 horas.
I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA
Enviado por Vicedirec. o 24 Abril, 2008 - 10:54Os alumnos Alejandro Cabal Tato, Alba Constenla Torrado, Lara Fuentes Enjamio e Paula Leis López (4º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na I Olimpiada Galega de Química organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia que celebrarase na sua fase de zona o venres 25 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer aquí
PERMISOS, LICENZAS, PERSOAL DOCENTE
Enviado por Secret. o 23 Abril, 2008 - 09:15Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente. Para acceder a ela, premer aquí.
PLANS AUTOEVALUACIÓN E MELLORA CALIDADE
Enviado por Secret. o 17 Abril, 2008 - 11:02Convócase a selección e renovación de plans de autoevalución e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2008-2009. Para ver a orde, premer aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- …
- seguinte ›
- última »
![I.E.S. MANUEL GARCÍA BARROS DA ESTRADA RSS Distribuir contido](/centros/iesmanuelgarciabarros/misc/feed.png)