Asemblea da APA e presentación da escola de pais e nais

 
O martes 3 de marzo a APA do MGB celebrará unha asemblea ás 20:00 horas en 1ª convocatoria e ás 20:15 horas en 2ª convocatoria

A presentación da escola de pais e nais será o día 4 de marzo ás 20:15 horas no Teatro Principal da Estrada.

Curtas na Estrada

O vindeiro martes 3 de marzo,  pola tarde,  na aula de Usos Múltiples proxectaránse unha serie de curtas para os/as alumnos/as de 3º e 4º ESO. Dita actividade está organizada polos ENDL dos tres institutos da Estrada.

Comeza a funcionar a escola de pais o 25 de febreiro


A APA do MGB anuncia que a escola de pais comeza a funcionar dende o 25 de Febreiro no IES Antón Losada (faise en conxunto cos tres IES). Enviarán información confirmando o día e a hora.

A A.P.A. do MGB inaugura o seu espazo na web do centro


A partir de hoxe, 27 de febreiro, a APA do MGB conta co seu espazo na web do centro. Podedes consultar o seu organigrama ou as últimas novas das súas actividades. Contan tamén cun teléfono, o 690 776 464, e cun enderezo de correo-E: anpamanuelgb@aestrada.com

Avaliación diagnóstica

Orde do 16 de febreiro de 2009 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación diagnóstica na Comunidade Autónoma de Galicia. Premer aquí para acceder a ela.

Corte da conexión a Internet do centro

Mañá venres 27 de febreiro non haberá conexión a Internet no centro de 11:45 a 12:15 horas por cuestións técnicas. Desculpade as molestias.

Programa Quérote

Hoxe xoves 26 de febreiro os /as alumnos/as de 2º e 4º ESO participan no centro de dúas sesións de información do Programa Quérote, programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta e xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Entroido 09

Mañá 20 de febreiro do 2009 celebrárase un baile de disfrazes na Aula de Usos Múltiples durante ás dúas últimas horas. Animamos ao noso alumnado para que participe.

Claustro ordinario

Convócase claustro ordinario para o mércores 4 de marzo de 2009. Premer aquí para ver a orde do día.

Festival Viaxe a París

 
O vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Principal da Estrada, terá lugar o Festival do MGB, organizado con motivo da próxima excursión a París de alumnos do centro. Teremos teatro, bailes de salón, baile moderno, música galega, brasileña, rock, coro, piano clásico, monólogos, sorteo de premios e moito máis. Non faltes! O prezo da entrada será de 3€.
Descarga o programa completo.
cartel_paris2009.png

Certame Cooperativismo do ensino 2009

Mañá mércores 18 de febreiro, na segunda hora, haberá na aula de Usos Múltiples do centro unha conferencia dentro do Certame de Cooperativismo do ensino 2009 para os/as alumnos/as de 1º de bacharelato da asignatura de Economía.

Axudas para cursos de idiomas na Unión Europea

Orde que establece as bases que rexen as axudas a mozos e mozas para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea. Premer aquí.

Probas de acceso aos ciclos formativos

Resolución do 7 de xaneiro de 2009 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Premer aquí para acceder a ela.

Proceso de incorporación ás universidades galegas no curso 2009-2010

Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula o proceso de incorporación para o curso 2009-2010 dos estudantes ao nivel universitario do ensino nos centros das tres universidades galegas. Premer aquí para vela.

Probas de acceso á universidade, curso 2008-2009

Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se regulan para o ano académico 2008-2009 as probas de acceso á universidade. Premer aquí para acceder a ela.

Distribuir contido