Claustro extraordinario

Convócase claustro extraordinario para o vindeiro 26 de maio, ás 10:25 horas. Premer aquí para ver a orde do día.

Títulos da ESO e de BACHAREL

Xa están na secretaria deste centro os títulos da ESO e de BACHAREL correspondentes aos / as alumnos/as que remataron no curso 2006-07. Poden pasar a recollelos, ben eles ben un familiar directo (pai, nai, irmán...), en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Novo premio para Dormes?

O Taller de Expresión Artística do MGB coa súa obra Dormes? obtén un novo premio. Ademáis de gañar a Fase Autonómica dos premios de teatro Buero Vallejo, acaban de concederlle a Mención Especial á Mellor Escenografía. Parabéns a todos outra vez

Charla aos pais/nais de 2º Bacharelato

O vindeiro xoves 28 de maio ás 19:00 horas, nos locais do centro, terá lugar unha reunión informativa sobre ciclos de grao superior e a continuación (ás 20:00 horas) unha conferencia da Universidade de Santiago de Compostela sobre graos, carreiras e Plan Bolonia en xeral para os pais/nais/titores legais dos alumnos/as de 2º Bacharelato.

Acto de despedida 2º Bacharelato

O vindeiro mércores 27 de maio ás 19:00 horas no Teatro Principal da Estrada, celebraráse o Acto de despedida aos alumnos/as de 2º de Bacharelato.

Probas graduado ESO maiores 18

Convocatoria de probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e setembro.

Charla sobre a Selectividade

O vindeiro martes 26 de maio os/as alumnos/as de 2º Bacharelato poderán asistir a unha charla impartida por Carmen MonteroAugusto Otero, ás 9:35 horas, sobre a realidade do exame de  Selectividade que van realizar.

Conferencia "Ramón Piñeiro"

Mañá venres 15 de maio, dentro das actividades do "Día das Letras Galegas", celebraráse unha conferencia sobre Ramón Piñeiro na aula de Usos Múltiples ás 10:45 horas para os grupos de 1º ESO A e C. Será impartida por Don Santiago Jaureuizar.

Novas ANPA: campamentos para o verán

CAMPAMENTO NO MAR

Está aberto o prazo de inscrición nos campamentos no mar, dirixidos a rapaces e rapazas entre 8 e 16 anos.
Para máis información: CONCELLO DA ESTRADA - DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

INGLÉS NO VERÁN

Tamén está aberto o prazo de inscrición no "ENGLISH SUMMER CAMP", organizado pola Deputación de Pontevedra, que se desenvolverá en Pontevedra na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" durante os meses de xullo e agosto. Máis información

Vacantes para o curso 2009-2010

Orde de 27 de abril de 2009 pola que se fan públicas as vacantes definitivas para o curso 2009-2010.

Axudas económicas accidentes tráfico

Orde do 27 de abril de 2009 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.

Oferta emprego público persoal docente

Decreto 287/2009, do 7 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes. Premer aquí.

Rutas científicas ano 2009

Orde do 16 de abril de 2009 pola que se convocan axudas para a realización de rutas científicas durante o ano 2009. Premer aquí.

Dormes? gaña a fase autonómica dos Premios Buero

Dormes?, a última creación do Taller de Expresión Artística do MGB, segue acaparando premios. Nesta ocasión vén de proclamarse vencedora da fase Galega dos Premios Buero, entre outras 16 obras finalistas.

O premio? Participar na fase final Estatal deste prestixioso certame e asisitir, profesores e alumnos, na primeira semana de xullo, ao 2º Campus de Teatro Buero que se celebrará en Madrid, impartido polos mellores profesionais do mundo da escena (actores, directores, etc.).

Pero antes diso aínda haberá unha nova respresentación da obra nun teatro e nunha data aínda por determinar, á que asistirá o xurado da Fase Estatal e da que se realizará unha gravación profesional.

Un aplauso para todo o equipo de Dormes? e toda a sorte na disputa deses 3 premios da Fase Estatal Seguro que o conseguen!

Premios Buero

Concurso méritos equipo directivos

Orde do 5 de maio de 2009 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos. Premer aquí para acceder a ela.

Distribuir contido