Tenis no MGB

Varios alumnos deste centro están matriculados na escola de tenis de A Estrada. Clica aqui para saber mais.

tenis.jpg

Equitación no MGB

Neste centro temos o placer de ter a un membro da selección española de equitación entre os nosos profesores, Miguel Carbajal Porto. Clica aquí se queres coñecer máis sobre él nunha entrevista que lle realizamos.

io.JPG

Daniela Filloy e Alba Chao en Localia TV

Onte martes 8 de xuño, Daniela Filloy e Alba Chao, representando a todo o equipo de Dormes?, foron entrevistadas en Localia TV, no programa "Vive Santiago", despois do paso da obra polo teatro Principal da capital compostelana, onde repetirán en dobre sesión o día 24 de xuño. Esta foi a entrevista:

 

O equipo de Dormes? recolle o galardón dos Premios Buero

O Taller de expresión artística do MGB ao completo, ben arropado por moitos outros membros da comunidade educativa, recolleu onte na gala celebrada no Teatro Principal de Santiago os galardóns dos premios Buero de Teatro Xove como gañador da fase autonómica e mención especial á escenografía.

Podes ler as reseñas aparecidas no Correo Gallego, no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.

* Fotografía de María L. de la Calle

IMG_2169.JPG

Novo premio

Novo premio para dúas alumnas de 1º ESO C do noso centro.

  • Eva Tato Collazo obtivo o 1º premio de secundaria no Concurso de Contos Aspamite, polo traballo titulado "A axuda dunha boa amiga"
  • Ana Vilanova Rey obtivo o 3º premio de secundaria no Concurso de Contos Aspamite, polo traballo "A amizade sen fronteiras"

Podes ler a reseña de prensa do Correo Gallego dende aquí.

Dormes?

Hoxe no Teatro Principal de Santiago ás 19:30 horas a entrega dos premios Buero e unha nova representación de Dormes?. O taller de Expresión artística do MGB recibirá o premio de GAÑADOR AUTONÓMICO e a mención especial á MELLOR ESCENOGRAFÍA.

Entrada libre. Consulta a nota de prensa enviada polos Premios Buero.

* Fotografía: X. Carbajal

dormes_xcarb.jpg

Sabes que en A Estrada hai un equipo de Baloncesto....

Na Estrada, dende o ano 1990 existe un equipo de baloncesto, o E.D.M Baloncesto A Estrada. Multiples dos xogadores deste equipo foron alumnos do I.E.S Manuel García Barros e nas categorías de xuvenís e cadetes os xogadores son alumnos do instituto. Pero non hai so categorías masculinas, as rapazas tamén se animaron e agora hai un equipo cadete feminino de Baloncesto. Se queres saber máis información preme aquí

.

Futbol no MGB

Na actualidade hai moitos alumnos do MGB que militan nos distintos clubes de fútbol da Estrada.

  • Un deses equipos é o Sporting Estrada C.F. para aceder á páxina pulsa aquí.
  • Outro é o Clube deportivo Estradense F.S. para aceder á páxina pulsa aquí.

 

Resolución definitiva concurso traslados secundaria

Resolución pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados de secundaria.

Subidas as imaxes da "Despedida 2009" e as orlas dos alumnos de 2º

A galería do MGB en Flickr conta con dous novos álbumes, un pertencente ao acto da "Despedida 2009" (ao que pertence a imaxe adxunta) e outro a imaxes dos alumnos no curso 2008/2009.

Neste último poderás encontrar tamén as orlas dos alumnos de 2º de bacharelato en distintos formatos e tamaños.

Tamén podes atopar outro álbum sobre a conferencia de Agustín Fernández Paz, ou a de Santiago Jaureguízar.

  Despedida 2009

Consello Escolar Extraordinario

Convócase Consello Escolar Extraordinario para o vindeiro xoves, 4 de xuño de 2009, ás 12:25 horas. Premer aquí para acceder á orde do día.

Presentación da conferencia sobre o "Plan Bolonia"

Esta foi a presentación mostrada na conferencia celebrada o pasado 28 de maio, co título "O proceso de Bolonia: un cambio estructural", elaborada por Celso Rodríguez Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela.

Fondo de Acción Social, ano 2008

Premer aquí para acceder á resolución que fixa o procedemento, lugar e prazo de presentación de solicitudes, e aquí para ver os criterios de repartición.

Reunión pais 4º ESO

O vindeiro mércores 3 de xuño haberá unha reunión informativa para os pais/nais dos alumnos/as de 4º ESO. Será as 17:00 horas no centro.

Avaliación de diagnóstico nos centros educativos

Resolución pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos correspondente ao ano 2009.

Distribuir contido