BOLETÍN Nº3 DA BIBLIOTECA DO MGB

A biblioteca do MGB ven de publicar o seu boletín nº3, onde se recollen as actividades propostas para o día da Paz.

EXIPTO 2008 MGB: SELECTA DE PRENSA

exipto_voz_galicia.jpg
A prensa Galega recolle nas súas edicións locais a viaxe dos alumnos do MGB e as profesoras Ana Fernández e Esther Sánchez polas lonxanas terras de Exipto. Así podemos lelo na Voz de Galicia e no Faro de Vigo deste martes 12 de febreiro.

ENTROIDO

O vindeiro venes 1 de febreiro celebraráse no centro o Entroido. Os alumnos poderán disfrazarse a partires das 12:00 horas e así participar no Baile- Concurso de disfraces que comenzará ás 12:45 horas. Os alumnos non poderán sair do centro ata as 14:horas

O CLUB DE LECTURA NA ESTRADA-525 CONSEGUE UNHA AXUDA ECONÓMICA

O club de lectura "Na Estrada-525", dirixido polas profesoras Mayte Leis e Chelo Vázquez, presentouse á convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (5-11-2007) para incentivar o fomento da lectura nos centros escolares. Na resolución desta convocatoria, o club vén de recibir unha asignación económica para a súa posta en marcha.

XOGO DA BOLSA: MÁIS PREMIOS PARA O MGB

As equipas VIENA e BERLÍN dirixidas polos profesores Juana Lasheras e Carlos Loureiro dentro da asignatura de "Taller de Iniciativas Emprendedoras", quedaron clasificadas en 3º e 8º lugar respectivamente e polo tanto premiadas, entre as 800 equipas que participaron na VII edición do Xogo da Bolsa organizado por Caixa Galicia.

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

Con motivo do día da Paz, o vindeiro mércores 31 de xaneiro, a Biblioteca do MGB prepara unha serie de actividades para os alumnos de ESO. Descarga o programa en *.pdf dende aquí.

CALENDARIO DA SEGUNDA AVALIACIÓN

A Xefatura de Estudios do MGB publica o calendario da segunda avaliación. Podes descargarlo dende aquí en formato *.pdf.

CHARLA CALATAYUD

O vindeiro xoves 31 de xaneiro de 2008 no teatro Principal da Estrada  ás 11:00 horas para alumnos de 3º ESO haberá unha charla co título "CONDUCTAS CONFLICTIVAS NOS ADOLECENTES" impartida por Don Emilio Calatayud  Pérez maxistrado xuiz de menores de Granada.

CONFERENCIA "TE PUEDE PASAR A TI"

O vindeiro martes 29 de xaneiro os alumnos de 1º bacharelato terán unha conferencia "Te puede pasar a ti" sobre os accidentes de tráfico.Será a 5ª hora na aula de Usos Múltiples

CINENSINO

Como xa se anunciou no mes de outubro, o mércores 23 de xaneriro os alumnos de 2º ESO irán a ver a segunda película do programa Cinensino nos Multicines da Estrada. A película é "Salvatore.Así es la vida". Sairán as 10:30 horas e voltarán as 12:30 horas.

DEPORTE ESCOLAR

O vindeiro martes 22 de xaneiro do 2008 algúns alumnos de 1º ESO e 2º ESO participarán na xornada de Deporte Escolar no Foxo, dita actividade aprazouse polo mal tempo o mes pasado. Sairán do centro ás 9:35 horas e regresarán ás 13:35

CONVOCATORIA CLAUSTRO

Convócase CLAUSTRO ORDINARIO para o vindeiro xoves, 24 de xaneiro, ás 16:30 horas. Descarga dende aquí a orde do día.

PROGRAMA DA VIAXE CULTURAL A EXIPTO

O Departamento de Xeografía e Historia publica o programa da increíble viaxe cultural a Exipto que van realizar durante os vindeiros días do 1 a 8 de febreiro. Descárgao dende aquí e descubre maravillas do país dos faraóns.

VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL

O vindeiro martes 22 de xaneiro os alumnos de 2º Bacharelato de Arte irán as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.Sairán ás 9:10 horas da estación de autobuses da Estrada e voltarán as 14:25 horas

GRÁFICAS DO CUESTIONARIO SOBRE CONFLICTOS

Descarga o documento *.pdf que contén un resumen do cuestionario sobre conflictos.
Distribuir contido