Taller de Curtas
Enviado por Vicedirec. o 28 Outubro, 2008 - 09:12O vindeiro xoves 13 de novembro os alumnos de 4º ESO da asignatura de Tecnoloxía participarán nun "Taller de Curtas" no Certame Audiovisual de Vilagarcía. Sairán do centro ás 9:00 horas e regresarán ás 14:25.
Plan Lector
Enviado por Vicedirec. o 28 Outubro, 2008 - 09:09Hoxe martes 28 de outubro empeza a funcionar no centro o Plan Lector destinado aos alumnos/as de 1º e 2º ESO. Neste plan os alumnos/as terán unha hora o día de dedicación a lectura na aula según un horario establecido e que poden consultar nos taboeiros das suas aulas.
Teatro en Santiago " Don Juan Tenorio"
Enviado por Vicedirec. o 24 Outubro, 2008 - 09:02O vindeiro xoves 30 de outubro os alumnos/as de 4º ESO asistirán a obra de teatro "Don Juan Tenorio" no Teatro Principal de Santiago. Sairán ás 10:30 horas e voltarán ás 14:25 horas.
Claustro Ordinario
Enviado por Secret. o 23 Outubro, 2008 - 09:25Convócase Claustro ordinario para o vindeiro mércores, 29 de outubro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.
Visita a Cerdedo
Enviado por Vicedirec. o 17 Outubro, 2008 - 12:11O vindeiro xoves 12 de novembro os alumnos de 3º ESO e 4º ESO da asignatura de Artesanía visitarán o Museo Etnográfico de Cerdedo, o Eirado de Pedre, a ponte de Pedre e o via-crucis de Quireza. Sairán ás 9: 00 horas e voltarán ás 14:25 horas ao centro.
Graffiti
Enviado por Vicedirec. o 17 Outubro, 2008 - 12:00O vindeiro martes 21 de Outubro, 25 alumnos de 1º ESO participrán na actividade Graffiti no IES Nº 1 acompañados cos profesores de plástica. Sairán as 10: 30 horas e actividade durará 50 minutos aproximadamente.
COMISIÓN PEDAGÓXICA
Enviado por Secret. o 16 Outubro, 2008 - 12:01Convócase á Comisión Pedagóxica para o vindeiro mércores, 22 de outubro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.
Premio de Excelencia Académica
Enviado por Vicedirec. o 13 Outubro, 2008 - 15:09María Eugenia Guerra Vilar, alumna de 2º Bacharelato o ano pasado neste centro, obtivo o Premio de Excelencia Académica para o alumnado que inicia estudos universitarios. O vindeiro 29 de outubro recibirá a credencial oficial deste premio da man da Conselleira de Educación nun acto que terá lugar en Santiago. Desde aquí dámoslle o noso parabén.
Teatro en Santiago
Enviado por Vicedirec. o 13 Outubro, 2008 - 13:16O vindeiro 10 de novembro os alumnos de 1º ESO irán ao teatro a ver a obra "No me ralles" no Teatro Principal de Santiago. Sairán as 10:30 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ao centro.
Proxecto Ríos
Enviado por Vicedirec. o 13 Outubro, 2008 - 13:11O vindeiro xoves 16 de Outubro os alumnos de 4º ESO irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro do "Proxecto ríos". Sairán ás 10:30 e voltarán as 13:45 horas
Circular nº 2
Enviado por Secret. o 13 Outubro, 2008 - 08:26Convócase unha reunión dos pais e nais do alumnado do centro cos titores e o equipo directivo. Premer aquí para acceder a circular.
Premios extraordinarios da ESO
Enviado por Vicedirec. o 7 Outubro, 2008 - 08:54O alumno Alejandro Cabal Tato participará maña, 8 de Outubro, nas probas dos Premios extraordinarios da ESO. Ditas probas realizaránse no IES Sanchéz Cantón en Pontevedra dende ás 9:30 horas ata ás 14:00 horas.
Conferencia CAIXA GALICIA
Enviado por Vicedirec. o 6 Outubro, 2008 - 13:06O vindeiro venres 10 de Outubro ás 11:00 horas, na aula de Usos Múltiples, haberá unha conferencia para os alumnos de Economía de 1º Bacharelato B e C.
Avaliacións iniciais
Enviado por Secret. o 3 Outubro, 2008 - 11:42Premer aquí para ver o horario das avaliacións iniciais.
Novas optativas en Bacharelato
Enviado por Secret. o 2 Outubro, 2008 - 09:14Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo. Premer aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- …
- seguinte ›
- última »
