Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Castelán, Economía, Educación Física, Electricidade, Filosofía, Física e química, FOL, Francés, Galego, Inglés, Linguas clásicas, Mantemento, Matemáticas, Música, Orientación, Plástica e Visual, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

Programa de inmersión lingüística en Mohernando

Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO ven de participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional". A actividade desenvolveuse entre o 30 de outubro e o 5 de novembro na finca El Encinar, en Mohernando (Guadalajara), onde compartiron estancia e talleres co IES Sayena de Castell de Ferro (Granada). Alí desenvolveron talleres arredor dos seguintes temas: "A contorna natural e cultural", "A aldea global", "Enerxías renovábeis", "Desenvolvemento sostible", "Reducir, reusar, reciclar". Tanto nestas como nas actividades cotiás, veladas, etc. estaban acompañados e dirixidos por monitores procedentes de Bristol, Manchester, Ohio ou New York, sendo, en todo momento, a lingua inglesa a vehicular na comunicación.

A experiencia resultou altamente positiva para o alumnado, tanto no aspecto linguistico como social e vivencial.

No blog de Anglo Orbe, entidade organizadora, podedes ver fotos e o día a día.

 

Programación e contidos mínimos 2011-2012

Nas ligazóns que seguen pódense descargar a programación do departamento e os contidos mínimos que rixen para o curso 2011/12.

Final comarcal de Cifras e Letras

O xoves 26 de maio celebrouse no Auditorio de Lalín e no IES "Ramón Mª Aller" a final comarcal do concurso de "Cifras e Letras" que organizaron os departamentos de Matemáticas do CPI de Rodeiro, IES "Pintor Colmeiro", IES Ramón Mª Aller" e IES "Laxeiro". Houbo dúas finais ás que chegaron dous alumnos de 1º ciclo (1º e 2º de ESO) e outros dous de 2º ciclo (3º e 4º de ESO) que estiveron acompañados e animados polos seus compañeiros de clase. Fotos na galería do centro.

Cifras e letras

Concurso de carteis: "Un decreto contra o galego"

Os departamentos de Plástica e Normalización Lingüística convocaron un concurso de carteis para concienciar ao alumnado do centro sobre a negativa incidencia que ten o decreto de plurilingüismo no ensino.

Novo éxito do IES.Laxeiro no concurso de relato corto da Fundación Coca Cola

O IES.Laxeiro volve á súa cita co éxito na creación literaria. Cada ano, como ven sendo costume, o seu alumnado de 2º ESO amosa as súas cualidades de futuros/as escritores/as e colleitan novos éxitos no concurso nacional de relato corto que , como cada ano, e van cincuenta e un,organiza a Fundación Coca Cola. Este ano son duas alumnas de 2º ESO A as que logran acadar un posto na final autonómica que se vai a desenvolver no Teatro Jofre de Ferrol o próximo venres, día 3 de xuño ás sete da tarde. Alba Tomé Seijas e Ana Santorum Martínez son as creadoras destos dous relatos que a través desta páxina queremos amosárvolos.

"Entre lienzos y cuadros de Alba y números de magia de Ana" atoparemos arte e creatividade de duas alumnas de 2º ESO que o próximo venres en Ferrol representarán ao IES,Laxeiro ,unha vez máis, no Concurso Nacional de Relato Corto Coca Cola 2011.

David Utrera , 2º no concurso "Mellor periodista xuvenil" de La Voz de Galicia

David Utrera, de 2º de bacharelato, acadou o 2º premio no VIII Concurso Escolar Mellor periodista Infantil e Xuvenil, convocado, dentro do Programa Prensa-Escola, por La Voz de Galicia, no que participou baixoa supervsión do profesor Manuel Igrexas.
O artigo co que conseguiu o premio leva por título Ergámonos e será publicado na edición de mañá mércores, 25 de maio, de La Voz de Galicia. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 4 de xuño no parque de Acea de Ama en Culleredo (A Coruña) na festa fin de curso da 14ª edición de Voz Natura, curso 2010-2011.
Os nosos parabéns para David.

Convocadas as axudas 2011 para alumnos/as de FCT

Con data de 12 de maio ven de publicarse no DOG a Orde do 3 de maio pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. No ligazón tendes a información correspondente a devandita solicitude. O prazo é de 31 días naturais a partires da súa publicación e a solictude debe realizarse no ANEXO I da presente Orde. Ademáis da solicitude debedes presentar como documentación : Certificado de residencia durante as prácticas e documento de entidad bancaria a voso nome. Podedes acceder ao impreso de solicitude a través da seguinte dirección: www.edu.xunta.es/fp/fct. 

Liga de fútbol sala IES Laxeiro

Un ano máis, e xa van uns cantos, ven de rematar a Liga de fútbol sala 2010-11 do IES Laxeiro.Esta competición tivo unha primeira fase de liga a dobre volta para rematar nunha fase final polo sistema de play-off.Logo de disputadas xornadas, a fase de liga rematou encabezada polo equipo de bacharelato Montan a Hanna, seguidos por Cheas FS, do ciclo formativo de Electricidade. No terceiro e cuarto posto situaronse equipos da ESO: Black Stars e Pepsiconas FS. Completaron a clasificación Equipo A, Kukuxumuxo FS, Chuck Norris e CSMI II.A final enfrontou a  Montan a Hanna e Pepsiconas FS nun partido de alto nivel, gañando claramente os alumnos de 4º de ESO  (Pepsiconas FS) e que os proclama vencedores da Liga Laxeiro de fútbol Sala 2010-11.

Este é o cadro de horna da Liga Laxeiro 2010-11

 

 

O IES Laxeiro subcampión do Parlamento xove 2011

Subcampións Parlamento xove 2011

 

O equipo do IES Laxeiro formado por Nuria Lorenzo, Tamara García, Yoly Ogando, David Utrera, Celia Varela e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, foi subcampión no concurso de debate Parlamento xove 2011 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Distribuir contido