Programa de inmersión lingüística en Mohernando

Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO ven de participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional". A actividade desenvolveuse entre o 30 de outubro e o 5 de novembro na finca El Encinar, en Mohernando (Guadalajara), onde compartiron estancia e talleres co IES Sayena de Castell de Ferro (Granada). Alí desenvolveron talleres arredor dos seguintes temas: "A contorna natural e cultural", "A aldea global", "Enerxías renovábeis", "Desenvolvemento sostible", "Reducir, reusar, reciclar". Tanto nestas como nas actividades cotiás, veladas, etc. estaban acompañados e dirixidos por monitores procedentes de Bristol, Manchester, Ohio ou New York, sendo, en todo momento, a lingua inglesa a vehicular na comunicación.

A experiencia resultou altamente positiva para o alumnado, tanto no aspecto linguistico como social e vivencial.

No blog de Anglo Orbe, entidade organizadora, podedes ver fotos e o día a día.