IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Criterios para superar a materia de anos anteriores de final de curso 19-20:

  • Ter entregados os DOUS CADERNOS de repaso do ano pendente.  Para iso, volveremos a subir ás diferentes plataformas de ensino virtuais dos profesores , o caderno de recuperación da primeira parte do curso, feitos e entregados xa en febreiro, para aqueles alumnos que non o fixeron nese momento.  A entrega dos dous cadernos feitos suporá un 5 na nota de pendentes.   
  • Se, ademais, o alumno presentouse ó exame da primeira parte do curso en febreiro terase en conta esa cualificación, sempre se o beneficia para subir de nota.
  • Ampliamos os prazos de entrega dos cadernos:
    • 11 Maio entrega cadernos pendentes 1º Bacharelato
    • 15 Xuño entrega cadernos pendentes 1º, 2º e 3º de ESO

Colgadas na aula virtual do centro novas actividades de xeografía e historia para a quenda de  nocturno. Están nos cursos correspondentes.

as actividades son as seguintes:

  1. Xeografia de España 2º Bac: documento "3ª Tarefa corentena" (tema 4).
  2. Historia de España 2º Bac: documento "2ª Tarefa corentena" (tema 12).
  3. Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bac: documento "Segundas actividades para a corentena" (tema 11).
  4. Ámbito Social 4º ESPA: documento "2ª Tarefa da corentena" (tema 2).
  5. Ámbito Social 2º ESPA: documento "3ª Tarefa da corentena. Roma actividades." (tema 5).
  6. Ámbito social 1º ESPA: documento "Tarefa de avaliación final" (tema 1) 

 

Coma fai anos, neste segundo trimestre do curso, os/as alumnos/as de 1º bacharelato graban uns vídeos presentando diferentes zonas de Carballo, este ano ampliado incluso a Entrecruces.  Aquí tedes un vídeo recopilatorio dos mellores momentos.  Moitos parabéns ós alumnos participantes polo seu entusiamo, alegría e imaxinación, que nestes momentos son esenciais.

Grazas a Xairo Campos pola realización e a Lara Sestayo, Alejandro Couto e Manuel Galán pola dirección creativa.

 

A XUNTA INFORMA DE QUE OS CENTROS EDUCATIVOS DE TODOS OS NIVEIS PERMANECERÁN PECHADOS DENDE O LUNS, 16 DE MARZO E ATA NOVA ORDE.

A Xunta de Galicia informa que os centros de todos os niveis educativos permanecerán pechados desde o luns, 16 de marzo, e durante 14 días nun principio. Actualización: non temos data para volver ás aulas.

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases da finalización do estado de alarma.

Se é posible, recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Os cursos online da Aula Mentor continuarán a súa actividade con normalidade. As novas matrículas deberán facerse a través de internet (máis información en carballo@aulamentor.es)

 

Docencia a distancia Addendas ás programacións

Manual básico de Moodle para o alumnado - Manual básico de Moodle para o profesorado
Manual de Webex para o profesorado - Manual de Webex para o alumnado

Conxunto de vídeo tutoriais da Consellería (AbalarMobil, Agueiro, WebEx, EspazoAbalar e Aulas Virtuais)

 

 NOVAS ACTUALIZADAS

Actualizado 28/04/2020 ás 17:30

Instrucións  do  27  de  abril  de  2020,  da  Dirección  Xeral  de  Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende o IES Isidro Parga Pondal, queremos motivar para que as alumnas se animen a estudar carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
Dentro desas iniciativas, o alumnado de 2 Bacharelato orientados e guiados pola súa profesora, Leticia Riestra Ainsua, da optativa de TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) están a traballar nun proxecto chamado Wisibilízalas. Este proxecto englóbase dentro do concurso internacional do mesmo nome organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, o cal está dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

 

O alumnado leva varios meses preparando unha páxina Web no que reflicte o contido (tanto textual, como visual e auditivo) das diferentes entrevistas que fixeron a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia (dende investigadoras en microalgas ou xenética ata enxeñeiras informáticas traballando na universidade de A Coruña).
Ademais, foron publicando nas redes sociais da biblioteca Rebolo, noticias relevantes como poden ser publicacións, artigos, libros ou películas deste ámbito STEM. Estes días tamén están a levar a cabo un concurso no que a primeira hora da mañá deixan pegadas sobre unha muller científica dando a resposta correcta á noite. Desa maneira todos aqueles que queiran poden tentar adiviñar de quen estar a falar. Dun modo ameno, están conseguido dar a coñecer
importantes noticias desde sector.
O 1 de abril coñecerán se conseguen acadar algún premio que consiste nun importe monetario para o centro.
Na seguinte ligazón tedes un vídeo resumen do que levan feito ata o momento https://youtu.be/XK5XNRd6lC8

Nova na Voz de Galicia

 

Debido a un caso de orellóns (parotidite ou papeiras) que recentemente se detectou nun membro da comunidade educativa do centro, cremos que é importante informar ás familas.

A continuación o texto remitido, tras a nosa consulta, pola Xefatura territorial de sanidade dá Coruña.

A dirección.

Un ano máis, do 11 ao 18 de xaneiro un grupo de alumn@s do centro, acompañados das profesoras Cristina e Leticia, foron a Andorra a gozar da neve.
O tempo acompañou e tiveron 4 días de espléndido sol co que esquiar foi unha gozada. Soamente empeorou o tempo o último día desde o mediodía, o que non impediu que seguisen a esquiar.
Así, os rapaces puideron gozar da neve, as compras por Andorra e de Caldea.
A única pega deste ano foi o parte de lesionados xa que volveron con problemillas dous alumnos e unha profesora. Por sorte, non foron graves incidentes ningún dos tres.
Deixámosvos un vídeo-resumen da viaxe deste ano.

 

Nivel académico

Prazas vacantes

Prazas reservadas para NEAE

1º curso da ESO

34

15

2º curso da ESO

19

 

3º curso da ESO

16

 

4º curso da ESO

16

 

1º Bacharelato - Ciencias

0

 

1º Bacharelato - Humanidades e Ciencias Sociais

 20  

2º Bacharelato - Ciencias

7

 

2º Bacharelato - Humanidades e Ciencias Sociais 3  

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na ligazón web do programa.

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.