IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Hoxe saíu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Enlace ao servizo para facer a solicitude online.

Páxina de tramitación en sede electrónica

Anexos para presentación presencial: Anexo I - Anexo II

Instruccións da convocatoria.

Máis información na web da Xunta

No caso de solicitarse o código de centro para a solicitude será o 15027307.

Lémbrase que para a participación no fondo solidario de libros de texto é condición necesaria a devolución dos libros en préstamo do curso actual. Esa devolución farase unha vez finalizado o curso actual e antes do 7 de xullo. Publicarase un calendario de devolución por cursos na web do centro antes desas datas.

Xa podedes consultar na web da CIUG a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas.

CONVOCATORIA DE MATRÍCULANAPROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE: enlace

PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE: enlace

NORMAS DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO AOS EXAMESE NORMAS DE REALIZACIÓN: enlace

LogoANPAUnha das rifas que vendeu o alumnado para costear as excursións tiñan data de sorteo mañán, coincidindo co sorteo da ONCE do día 17 de maio de 2020.

Como este sorteo non se vai a producir, decidimos que se adiará ao día 17 de xuño, é dicir, as rifas valerán cos mesmos premios e coincidindo co sorteo da ONCE do día 17 de xuño de 2020.

 

De non ser posible ese día, daríamos aviso dunha nova data.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Hoxe fixemos entrega da nosa páxina web para o proxecto Wisibilízalas.

A participación neste proxecto achegounos grandes cousas: mellorar o noso traballo en equipo, aprender ferramentas para deseño web así como (o máis importante) dar a coñecer e promover as mulleres no ámbito STEM mediante información sobre mulleres, películas, libros, xogos e inventos realizados por elas nestes ámbitos científico-tecnolóxicos. Espero que vos gustaran as nosas publicacións.

Deixámosvos a ligazón para que poidades ver o traballo realizado: https://sites.google.com/view/wisi-ascachirulas

#wisibilízalas #wisibilizalas #wisibilizalas2020 #Wisibilízalas #itgirls #Wisibilizalas #pargapondal #ascachirulas #universitatpompeufabra