Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Debido a un caso de orellóns (parotidite ou papeiras) que recentemente se detectou nun membro da comunidade educativa do centro, cremos que é importante informar ás familas.

A continuación o texto remitido, tras a nosa consulta, pola Xefatura territorial de sanidade dá Coruña.

A dirección.

Estamos tendo un abrocho de parotidite en Galicia que comenzou na área de Santiago de Compostela e está extendéndose a outras áreas. A meirande parte dos casos están a ocurrir en adolescentes e xóvenes.

Por elo, informámoslle das medidas a adoptar para previr a extensión da enfermidade.

A parotidite é unha enfermidade contaxiosa. Para evitar a súa difusión as persoas con parotidite non deben acudir ao seu centro académico ou traballo ou a outro tipo actividade común (deportiva, etc) nos 5 días seguintes ao comezo dos síntomas.

A vacina trivírica ou tripla vírica é unha vacina contra o sarampelo, rubéola e parotidite que figura no calendario vacinal galego dende 1981. A meirande parte dos adolescentes e xóvenes  deberían ter postas 2 dose de vacina trivírica dacordo ao calendario vacinal.

Recomendamos que os adolescentes e xóvenes revisen a súa cartilla de vacinación. A vacina trivírica pode aparecer rexistrada na cartilla vacinal como: TV ou SRP. En extranxeiros pode aparecer como  MMR (measles-mumps-rubella).

Recoméndase a vacinación coa vacina trivírica, segundo o seguinte criterio:

  • se xa recibiu 2 dose de vacina trivírica, non compre facer nada.
  • se só ten constancia de recibir unha dose de vacina trivírica, é aconsellable que lle administren outra dose no seu centro de saúde. O intervalo entre ambas debe ser de polo menos de 1 mes.
  • se non ten constancia de recibir ningunha dose de vacina trivírica ou non o lembra, é aconsellable que lle administren 2 dose separadas polo menos 1 mes no seu centro de saúde.
  • se xa pasou a parotidite non compre facer nada.


Aconséllase que as mulleres que reciban esta vacina non queden embarazadas no seguinte mes. Se unha muller xa está embarazada non debe vacinarse con esta vacina.

Se ten dúbidas ou necesita algunha aclaración, póñase en contacto co seu médico de cabeceira ou nesta sección de epidemioloxía (981155800).

Sección de epidemioloxía
Xefatura territorial de sanidade da Coruña