Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

A XUNTA INFORMA DE QUE OS CENTROS EDUCATIVOS DE TODOS OS NIVEIS PERMANECERÁN PECHADOS DENDE O LUNS, 16 DE MARZO E ATA NOVA ORDE.

A Xunta de Galicia informa que os centros de todos os niveis educativos permanecerán pechados desde o luns, 16 de marzo, e durante 14 días nun principio. Actualización: non temos data para volver ás aulas.

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases da finalización do estado de alarma.

Se é posible, recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Os cursos online da Aula Mentor continuarán a súa actividade con normalidade. As novas matrículas deberán facerse a través de internet (máis información en carballo@aulamentor.es)

 

Docencia a distancia Addendas ás programacións

Manual básico de Moodle para o alumnado - Manual básico de Moodle para o profesorado
Manual de Webex para o profesorado - Manual de Webex para o alumnado

Conxunto de vídeo tutoriais da Consellería (AbalarMobil, Agueiro, WebEx, EspazoAbalar e Aulas Virtuais)

 

 NOVAS ACTUALIZADAS

Actualizado 28/04/2020 ás 17:30

Instrucións  do  27  de  abril  de  2020,  da  Dirección  Xeral  de  Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Actualizado 28/04/2020 ás 11:30

Onte publicouse un horario que creou un mal entendido entre as familias. Sentimos o erro e aclaramos que as clases seguen nas formas que establecesen os docentes (aula virtual e  edmodo principalmente) e que as vídeo conferencias, e outros tipos de sesións non presenciais, levaranse a cabo cando así o indique a profesora ou profesor.

Actualizado 17/04/2020 ás 20:30

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente).

Actualizado 14/04/2020 ás 14:00

Estamos á espera de recibir instrucións desde a consellería para levar a cabo o inicio da terceira avaliación, ditar instrucións e informar as familias.

Actualizado 02/04/2020 ás 14:00

Acábanse de publicar as notas por AbalarMobil.

Aquelas familias que non teñan acceso a AbalarMobil poden mandar un correo electrónico a ies.parga.podal@edu.xunta.es achegando unha fotografía do libro de familia do alumno ou alumna, e pedindo copia do boletín de notas.

En caso de querer falar coa titora ou un docente envíen igualmente ao correo electrónico do centro as súas dúbidas ou preguntas. Máis adiante o docente poñeranse contacto coas familias.

Actualizado 31/03/2020 ás 13:20

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, infórmase ás familias que o xoves 2 de abril vaise proceder á formalización da 2ª avaliación e posterior entrega de notas, que será realizada exclusivamente mediante a ferramenta EspazoAbalar.

Para a súa realización só se terá en conta o traballo realizado e avaliado ata o día 13 de marzo. Os docentes terán en conta que o 13 de marzo a asistencia ás aulas foi opcional, polo que si o seu fillo ou filla faltou ese día, non será tido en conta a hora de avaliar.

Nas materias que non tiñan material suficiente para facer a avaliación tendrán en conta a primeira avaliación e a evolución na segunda, polo que a nota podería non ser representativa. Esta situación corrixirase na terceira avaliación.

Agardamos que esta, situación mellore e poidamos incorporarnos ás aulas.

Reciban un saúdo moi cordial e moito ÁNIMO.

Actualizado 23/03/2020 ás 20:05 

Vista a necesidade dalgunhas familias de enviar o resultado das tarefas, desde o centro propoñémosvos este procedemento para as familias que só teñan internet no teléfono móbil.

Para enviar a tarefa fagan unha fotografía ou máis da tarefa e mándena á seguinte dirección ies.parga.pondal@edu.xunta.es. Acheguen o nome do alumno/a e a que docente vai dirixido o correo.

Doutra banda, se as tarefas para realizar fanse mediante a aula virtual (moodle) e teñen acceso a internet por medio dun ordenador, na ESO poden deixar a tarefa no foro do curso usando algunha das contas que se mandaron por AbalarMobil. Igualmente indiquen o nome do alumno ou alumna.

Un abrazo da dirección do IES Isidro Parga Pondal nestes duros e estraños momentos.

 

Actualizado 23/03/2020 ás 16:36 

Here you have a link to Clarck's YouTube channel, our conversation assistant.

One more contribution for these days in lockdown.

Actualizado 20/03/2020 ás 21:52 

Aquelas alumnas/os que necesiten mandar un correo a un docente, que o manden ao seguinte correo ies.parga.pondal@edu.xunta.es indicando o nome da alumna/o e a que docente vai dirixido.


Actualizado 20/03/2020 ás 14:03 

Estimadas nais, pais ou titores legais.

Desde o luns 16 a comunidade docente está a facer un esforzo para non interromper a educación das vosas fillas e fillos.
Para iso habilitamos varias plataformas e servizos de educación a distancia co obxectivo de que o alumnado non perda o ritmo das clases ou, en caso de 2º de bacharelato, continúen coa súa preparación.
Para iso faise imprescindible que as familias e nós fagamos un seguimento do traballo realizado.

Na dirección https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/node/687 podedes atopar un índice que irá acumulando o traballo para realizar.

Aquí tedes unha ligazón a un manual de moodle para alumnado https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/aulavirtual/course/view.php?ide=187

Proximamente farémosvos chegar as indicacións necesarias para que o alumnado da ESO poida enviar ao docente as tarefas realizadas.

Para calquera dúbida enviar unha mensaxe a esta dirección: ies.parga.pondal@edu.xunta.es

 Actualizado 16/03/2020 ás 12:49 

Estamos a ter problemas de velocidade na páxina do centro e na aula virtual; esperamos que mañá estea todo solucionado.

Os docentes están enviando material que pouco a pouco estase subir aquí e na aula virtual.

 Actualizado 15/03/2020 ás 18:10h 

Páxina coa información para a docencia a distancia.

 Actualizado 13/03/2020 ás 21:36h 

Información publicada pola Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 Actualizado 13/03/2020 ás 21:11h 

Mañá sábado esta web (e outras dependentes da Consellería de Educación) deixarán de funcionar durante 12 horas, desde as 9:00 am.

A partir do luns empezaremos a publicar por este medio instrucións para facer traballo na casa.

 Permanecede atentos .

 Actualizado 13/03/2020 ás 12:00h 

Suspéndense todas as reunións coas familias sobre actividades extraescolares ata novo aviso.
Todas as actividades previstas para estas datas quedan aprazadas.
A celebración do VIº Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva” queda aprazada.

 Actualizado 13/03/2020 ás 10:33h 

Suspéndense as actividades de " REFORZA- T" e "Reforzo de competencias crave de 3º e 4º ESO" (antigamente PROA) desta tarde.

 Actualizado 13/03/2020 ás 9:31h 

A data de hoxe non hai constancia de ningún contaxio no centro.

 Actualizado 12/03/2020 ás 21:52h 

Información publicada pola Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 Actualizado 12/03/2020 ás 18:30h 

  • As clases de mañá son de asistencia voluntaria por parte do alumnado.
  • Isto significa que no caso de ter exames e non acudir ao centro, non se suspenderá ao alumno/a.
  • A decisión de como recuperar o exame ou control dependerá do docente.
  • Mañá farase o control de asistencia, que non terá que ser xustificada, pero informarase ás familias da falta.
  • Cando teñamos máis información, a iremos colgando nesta páxina.