Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Plástica e VisualExpo na residencia As DoresOs traballos realizados polo alumnado do IES Laxeiro, nomeadamente as fotos de One day in my life - Un día na miña vida, expóñense na residencia As Dores, con cuxa valiosa colaboración contamos para o desenvolvemento do proxecto Tunnel of Time. Montamos a exposición dos traballos presentados en Turquía no CEIP M. RiveroUn grupo de alumnas e alumnos de 3º A montaron a exposición dos traballos da primeira reunión en Tekirdag (Turquía) no CEIP Manuel Rivero O IES Laxeiro en Radio VozO domingo 18 de febreiro María Meizoso, locutora de Radio Voz e conductora do programa Con Voz, entrevistou a algúns dos participantes na xuntanza transnacional en Tekirdag (Turquía), dentro do proxecto Tunnel of Time. Paula, Lucas, Mar e Xosé Manuel contan as súas impresións no programa dominical da emisora con sede n'A Coruña. Preparando a exposición dos traballos presentados en TurquíaNo día de hoxe preparamos a exposición dos traballos exhibidos na reunión en Turquía; na semanas vindeiras tamén os levaremos ás dúas entidades colaboradoras, O CEIP Manuel Rivero e a residencia As Dores. Tamén podedes ver os vídeos finais no Twinspace do proxecto e na web da coordinación finesa Peda.net Difusión da reunión en Tekirdağ - Turquía entre o alumnado do IES LaxeiroOs cinco alumnos e alumnas participantes na reunión transnacional enTekirdağ contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras a experiencia e actividades levadas a cabo na escola turca asociada.
O IES Laxeiro en TurquíaUnha delegación do IES Laxeiro participou nunha reunión transnacional de mobilidade e aprendizaxe na cidade turca de Tekirdag, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. O grupo, formado por cinco alumnos e alumnas de 3º de ESO acompañadas polos profesores Mar García e Xosé M. García, viaxou o pasado xoves día 11 esta cidade costeira a carón do mar de Mármara, a uns 120 km ao oeste de Istambul, uníndose ao resto de delegacións participantes, procedentes de Francia e Finlandia. |
Novos números
|