Plástica e Visual

No IES Laxeiro pintamos moito!

 

 

 

 

 

 

 

 Estamos de noraboa!

A nosa alumna Noelia Vázquez Val de 1º ESO C, resultou galardoada co 1º premio na categoría infantil do IX Concurso de Pintura Fefriga coa súa obra "A seitura".

Felicidades tamén a Anabel Ramos Bendoiro -de 3º ESO- polo seu 5º premio na categoría junior co seu traballo "Mountain Cow".

Parabéns aos gañadores do Concurso "Mestre Laxeiro"

 

No seguinte enlace pódense ver as obras premiadas no X Premio de Pintura escolar "Mestre Laxeiro" organizado polo Museo Municipal "Ramón Mª Aller" durante o mes de maio. Parabéns polo 1º Premio a Iria Varela e polos accesit de Alejandro Zas, Ana García Lois, Antonio Diéguez, Brais Vázquez, Lara Varela, Sandra García e Zaira Míguez.

Día da Paz

Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".

Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 

Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de  palabras para conmemorar este día.

Aquí tes algunhas fotos.

Concurso de Carteis en defensa do Galego

No IES Laxeiro celebramos un Concurso de Carteis en defensa do Galego, no que os gañadores/as  recibirán diplomas e  cheques regalo para empregar nalgunhas Librarías de Lalín. Na categoría A, Vanesa Lalín recibiu o 1º Premio, María Rodríguez o 2º Premio e o 3º  foi para Natalia Otero. Na categoría B, foron Blanca Varela e Anabel Viana as gañadoras do 1º Premio, Uxía Adán e Estela Fidalgo gañaron o 2º Premio e Alba Vilariño o 3º.  Na Galería de imaxes podedes ver os Carteis gañadores do Concurso.

Alumnado de 1º ESO participa no " Correlingua".

O 8 de maio celebrouse en Silleda o "Correlingua", unha marcha en favor do Galego na que o noso alumnado de 1º ESO participou expresando as súas ideas. Aquí podedes ver as pancartas que fixeron desde Plástica.

Acto contra a violencia de xénero

O 22 de novembro participamos nun acto contra a violencia de xénero no Concello de Lalín. O alumnado de 2º e 4º ESO, coordinados polas profesoras Manuela García e Mar García, elaboraron paneis, pancartas e figuras humanas, dende as asignaturas de E. Plástica e E. para a Cidadanía.

As alumnas e o alumno, Libertad Echevarría, María Jácome, Brais García e Olalla Vales foron os encargados de ler as súas emocionantes cartas.

Dia da Ciencia en galego no IES Laxeiro

O día 5 de Novembro celebrouse o Día da Ciencia en galego, este ano adicado á Tecnoloxía. Desde o IES Laxeiro sumámonos á homenaxe ao inventor estradense Ramón Verea e a Leonardo da Vinci realizando diversas actividades durante os recreos: Construcción da ponte de Leonardo, escritura en espello, trucos de maxia para despistar os sentidos e unha exposición con paneis informativos sobre os homenaxeados deseñados por Mar García.

Aquí tendes algunhas fotos.

Recorte Carteis día da Ciencia

Concurso de carteis: "Un decreto contra o galego"

Os departamentos de Plástica e Normalización Lingüística convocaron un concurso de carteis para concienciar ao alumnado do centro sobre a negativa incidencia que ten o decreto de plurilingüismo no ensino.

Actividades centenario do pintor Laxeiro

O vindeiro 23 de febreiro celébrase o centenario do nacemento de "Laxeiro". Como sabedes, o noso instituto sempre tivo unha relación próxima e de colaboración con este persoeiro.

Esta semana comezan as actividades de conmemoración do centenario. Entre as actividades coas que contaremos temos un obradoiro de animación á escultura e de escultura en barro a cargo do escultor Luchi.

Distribuir contido