Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 16 horas 51 min

Resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de quinto e sexto cursos de educación primaria e primeiro e segundo cursos de educación secundaria obrigatoria.

Lun, 24/09/2018 - 19:07
Idioma Gallego

Resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar na actividade "Semana STEM" dirixida a alumnado de quinto e sexto cursos de educación primaria e primeiro e segundo cursos de educación secundaria obrigatoria.

  • Prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamación ou renuncias
Anuncio principal: Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar na actividade "Semana STEM" 2018 dirixida a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESOTema: Plans e actuacións en innovación educativa Ensinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación EducativaColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Lun, 24/09/2018 - 14:20
Idioma Gallego

O prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes será desde as 9:00 horas do día 25 de setembro ata as 13:00 horas do día 28 de setembro de 2018.

 - Máis información

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Ata 2100 alumnos de centros plurilingües poderán presentarse a probas gratuítas para certificar o seu nivel de inglés

Lun, 24/09/2018 - 12:19
Idioma GallegoSummary: É a segunda vez que a Consellería de Educación habilita este procedemento para acreditar B1 ou B2 para o alumnado de Bacharelato e PluriFPEsta proba é totalmente de balde para as familiasOs exames escritos realizaranse o día 17 de novembro, mentres que os orais terán lugar entre o luns 19 e o venres 23

Un total de 2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel de coñecemento lingüístico en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Trátase da segunda ocasión en que esta Consellería habilita un procedemento deste tipo para que os estudantes que cursan os seus estudos de bacharelato e formación profesional nalgún dos centros que forman parte da Rede de Centros Plurilingües teñan a posibilidade de acreditar o seu nivel neste idioma estranxeiro a través dunhas probas que son totalmente gratuítas para as familias.

Os exames escritos realizaranse o día 17 de novembro, mentres que os orais terán lugar entre o luns 19 e o venres 23. O alumnado poderá escoller entre realizar as probas de acreditación do nivel B2 ou do nivel B1. Cómpre destacar que o B1 equivale a un nivel intermedio, e é o que requiren moitas universidades para poder titular. Polo tanto esta iniciativa achega un valor engadido ao esforzo no desenvolvemento do programa por parte dos centros, e supón unha importante oportunidade para o alumando e as súas familias, que teñen a posibilidade de obter de balde unha acreditación da aprendizaxe en lingua estranxeira co aval dunha entidade certificadora de recoñecido prestixio como é o Trinity College.

Esta iniciativa enmárcase dentro das liñas establecidas na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020, que establece, entre outras accións, a habilitación de procedementos específicos para certificar o alumnado dos centros plurilingües ao final de cada etapa, ben a través das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI), ou mediante entidades estranxeiras certificadoras, como é o caso destas probas. O obxectivo final é que o 30% do alumnado certifique un nivel B1 ao remate da ESO nun centro plurilingüe, e un nivel B2 ao final do Bacharelato.

Resultados positivos da primeira acreditación

Cómpre destacar que neste curso 2018/19 alcanzáronse os 385 centros plurilingües –que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira–, 63 máis que o ano pasado. Isto significa multiplicar por máis de 6,5 os 58 centros que había no curso 2010/11, cando se comezou con este sistema. En canto ás seccións bilingües, aumentan en 296 ata chegar ás 4.441, un 7% máis con respecto ao curso pasado. A maiores, os centros educativos contarán cun total de 617 auxiliares de conversación, fronte aos 550 que había no 2017/18.

Ademais, en xuño deste ano realizáronse por primeira vez, ao abeiro da estratexia Edulingüe, as probas para certificar o nivel B1 e B2 de inglés do alumnado que finalizou a etapa de ESO e de Bacharelato nalgún dos centros plurilingües. As probas, realizadas por Trinity College, mostran uns resultados moi satisfactorios, posto que dos 465 alumnos presentados, aprobaron 391. Isto é, o 84% dos estudantes que se presentaron aprobaron os exames.

Programas e plans da conselleríaCentros plurilingüesEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaAlumnadoLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

O Plan de mellora de bibliotecas escolares incorpora 27 centros públicos

Sáb, 22/09/2018 - 11:00
Summary: Ao abeiro desa convocatoria, dotada con preto de 1,3 millóns de euros para este ano, facilítanse a os recursos necesarios para o funcionamento como espazo creativo de aprendizaxes e de fomento da lectura Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180920/AnuncioG0164-120918-0002_gl.html ) a orde pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe) en centros públicos non universitarios para o curso 2018/19, de tal forma que se incorporan 27 centros a este programa, ata sumar un total de 655 participantes.

Os novos centros incorporados son, na provincia da Coruña, o CEIP Cidade Vella (A Coruña), CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña), CEIP de Caión (A Laracha), CEIP Juana de Vega (Oleiros), CEIP de Pousada Carcacía (Padrón), CEIP Rosalía de Castro (Padrón), IES Camilo José Cela (Padrón), CEIP Plurilingüe A Fraga (As Pontes de García Rodríguez), e CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela). Na provincia de Lugo resultaron escollido o CEIP de San Cosme (Barreiros), CEIP Veleiro-Docampo (Castro de Rei), CEIP Santa María (A Fonsagrada), CEIP de Casás (Lugo), CEIP Poeta Avelino Díaz (Meira) e CPI Dr. López Suárez (O Saviñao); mentres que na de Ourense incorporarase o CEIP San Marcos (Cartelle). Na provincia de Pontevedra os centros de nova incorporación son o IES Ramón Cabanillas (Cambados), CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei), CEIP da Armenteira (Meis), CEIP Plurilingüe de Tirán (Moaña), IES A Xunqueira I (Pontevedra), CEIP de Noalla-Telleiro (Sanxenxo), CEIP de Tebra (Tomiño), CEIP Valle-Inclán (Vigo), IES Carlos Casares (Vigo), CEE de Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa), e CEIP de Sestelo-Baión (Vilanova de Arousa). Cabe salientar que, a igual puntuación para entrar no programa, a Consellería primou os centros situados no rural.

Diferentes axudas

A través desta convocatoria, á que se destinan 1.259.500 euros, incorpóranse estes novos centros e concédense outras contías aos incluídos en anteriores convocatorias. Deste xeito, as axudas para os centros de nova incorporación están destinadas á actualización e adquisición dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento. A súa adxudicación decídese logo da análise das necesidades descritas na solicitude presentada, en función da maior adaptación  aos criterios  recollidos nesta orde (que se materializa na puntuación acadada pola memoria e programas presentados), e das características de cada centro.

No caso dos centros públicos incorporados con anterioridade, os que o fixeran entre 2005 e 2007 reciben asignacións para fondos; os que se integraron entre 2008 e 2010, para fondos así como para mobiliario e outros equipamentos;  os centros integrados entre 2011 e 2016 contías para fondos; e os incorporados en 2017 para fondos, mobiliario ou outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento específicos da biblioteca.

Espazo de dinamización e inclusión

O plan de mellora procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que persigan a dinamización deste espazo como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, na que se incorporen espazos para a creación,  a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido. Así mesmo, as bibliotecas integradas no Plambe deberán traballar no deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, así como integrar as novas tecnoloxías e o concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.

Por outra banda, este modelo de biblioteca debe ter tamén un enfoque inclusivo, contribuír á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro e implicarse en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.  

Esta convocatoria enmárcase na estratexia da Xunta de Galicia neste eido, o Plan LÍA de bibliotecas escolares para o período 2016-2020, que ten entre os seus obxectivos o de dotar os centros educativos de bibliotecas escolares útiles, estables, sustentables e acordes ás necesidades do século XXI. Entre os doce ámbitos de actuación definidos como desafíos do Plan LÍA, a Consellería de Educación segue a impulsar e reforzar a rede de bibliotecas escolares que precisa de actuacións continuadas para lograr avances na renovación das bibliotecas da totalidades dos centros, de forma progresiva.

Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaSubdirección Xeral de CentrosProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de teoría teatral (594459)

Ven, 21/09/2018 - 13:11
Idioma Gallego

Resolución do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de teoría teatral (594459).

  • O prazo para formular solicitudes será o comprendido entre o 24/09/2018 e o 28/09/2018.
File:  Resolución do 20 de setembro de 2018 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritos Corrección de erros da Resolución do 20 de setembro de 2018Tema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas superiores de arte dramáticaDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2018/2019

Ven, 21/09/2018 - 07:41
Idioma Gallego

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Para facilitar a participación dos centros docentes nas actuacións incluídas no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos durante o curso 2018-2019, achégase a seguinte documentación:

File:  Carta do delegado do Goberno en Galicia,do 10 de agosto de 2018 Instrucción Nº 7/2013 de la Secretaria de Estado de Seguridad, sobre el "Plan Director para la convivencia y mejora..." Modelo para a solicitude de intervención nos centros docentes Formulario de avaliación Datos de contactoTema: Atención á diversidadeServizos de apoio á atención á diversidadeColaboracións na atención á diversidadeOrientaciónServizos de apoio á orientaciónColaboracións na orientaciónIgualdadeProgramas e plansColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasSección: Atención á diversidade e orientaciónBoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de ESO (convocatoria de setembro de 2018)

Ven, 21/09/2018 - 07:40
Idioma Gallego

Publicadas as  Cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de ESO (convocatoria de setembro de 2018)

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas de educación secundariaDepartamento: Servizo de Xestión Económica e Educación de AdultosColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Cualificacións definitivas nas probas extraordinarias específicas de acceso aos ciclos de grao superior nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/2019

Xov, 20/09/2018 - 10:06
Idioma Gallego

Xúntanse as Cualificacións definitivas nas probas extraordinarias específicas de acceso aos ciclos de grao superior nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/2019

Anuncio principal: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/2019Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería, para o curso 2018/2019

Xov, 20/09/2018 - 07:47
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 10 de setembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería, para o curso 2018/19.

Anuncio principal: Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2018/2019Tema: Plan LÍABibliotecas escolaresEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosServizo de Xestión de Programas EducativosColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Mér, 19/09/2018 - 14:21
Idioma Gallego

O prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes será desde as 9:00 horas do día 20 de setembro ata as 13:00 horas do día 21 de setembro de 2018. Abrírase un novo período de matriculación durante o período de adxudicación continuada.

 - Máis información

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros

O sistema educativo galego recibe 30 auxiliares de conversa en inglés con alto perfil académico

Mér, 19/09/2018 - 11:38
Idioma GallegoSummary: A Consellería de Cultura e Educación incrementa este curso nun 25% este apoioEn total, os centros educativos contarán con 617 auxiliares

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, Manuel Corredoira, recibiu hoxe os 30 auxiliares de conversa con alto perfil académico que este ano prestarán servizo no sistema educativo galego a través do convenio asinado entre a Consellería e a Comisión Fulbright de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América. Este é o terceiro ano consecutivo no que os centros de ensino da nosa Comunidade contan con este apoio, que este curso se incrementa ademais nun 25%, ao dispor de 4 auxiliares máis deste perfil.

O obxectivo desta iniciativa é favorecer a presenza de persoas nativas de fala inglesa cun alto perfil académico nos centros plurilingües galegos, contribuíndo ao fomento das vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática), así como á competitividade futura do alumnado nestes eidos, nos que o dominio da lingua inglesa é fundamental. A propia Comisión farase cargo do proceso de preparación e difusión da convocatoria e da preselección dos auxiliares de conversa, segundo os criterios de obxectividade, calidade e independencia que rexen os seus programas; e encargarase do seguimento do programa e da xestión do aboamento das compensacións mensuais ás persoas bolseiras, así como da organización dos seminarios de orientación e seminario de seguimento e evolución que se realiza para todas as persoas bolseiras Fulbright estadounidenses en España.

En concreto os centros nos que prestarán apoio son o IES Plurilingüe de Ames  (Ames), CEP Plurilingüe de Ventín (Ames), CEIP Plurilingüe de Pedrouzos (Brión), IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña), CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cervino (A Coruña), IES Plurilingüe Elviña (A Coruña), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo), IES Universidade Laboral (Culleredo), CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), IES Campo de San Alberto (Noia) e IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), na provincia da Coruña; e o CIFP As Mercedes (Lugo), na de Lugo. No caso da provincia de Ourense haberá auxiliares de alto perfil académico no CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), IES As Lagoas (Ourense), IES O Couto (Ourense), IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense), CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) e CIFP A Farixa (Ourense); mentres que na de Pontevedra estarán no IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), IES Antón Losada Diéguez  (A Estrada), IES A Xunqueira I (Pontevedra), IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda), IES República Oriental do Uruguai (Vigo), IES Valadares (Vigo), IES Ricardo Mella (Vigo) e CIFP Manuel Antonio (Vigo).

Esta medida enmárcase na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Ao abeiro desta Estratexia, este curso Galicia contará cun total de 617 auxiliares de conversa (67 máis que o curso anterior, un 12% máis).

Programas e plansAuxiliares de conversaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaProfesoradoCentrosLinguas estranxeiras

Cualificación da proba específica de acceso ás ensinanzas deportivas de vela para o curso 2018/2019

Mér, 19/09/2018 - 11:17
Idioma Gallego

Xúntase a Acta de avaliación da proba de acceso ás ensinanzas deportivas de vela para o curso 2018/2019

Anuncio principal: Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018/2019Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas deportivasDepartamento: Servizo de Ensinanzas de Réxime EspecialColectivo: AlumnadoCentros

Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2018/2019

Mér, 19/09/2018 - 09:25
Idioma Gallego

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 31 de xullo de 2018, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

 A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

  • A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
  • O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
File:  Resolución do 31 de xullo de 2018 Instrucións Revisións Médicas Preguntas frecuentes Precisións dos prazos de inscriciónTema: Información xeralProgramas e plansDepartamento: Secretaría Xeral TécnicaServizo de Prevención de Riscos LaboraisColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2018/2019

Mér, 19/09/2018 - 09:25
Idioma Gallego

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 31 de xullo de 2018, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

 A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

  • A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
  • Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
  • O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
File:  Resolución do 31 de xullo de 2018 Instrucións Revisións Médicas Preguntas frecuentes Precisións dos prazos de inscriciónTema: Información xeralProgramas e plansDepartamento: Secretaría Xeral TécnicaServizo de Prevención de Riscos LaboraisColectivo: ProfesoradoCentrosSección: Boletín
Categorías: Administración

Permisos ao funcionariado dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión desta consellería

Mér, 19/09/2018 - 08:30
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 10 de setembro de 2018 pola que se regulan os permisos ao funcionariado dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal docente non universitario do ámbito de xestión desta consellería.

File:  Orde do 10 de setembro de 2018 (DOG)Tema: Información xeralEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Powered by Drupal - Design by artinet